Benestar poñerá en marcha un programa piloto baseado nas TIC para a prevención e detección de situacións de deterioro cognitivo

Benestar poñerá en marcha un programa piloto baseado nas TIC para a prevención e detección de situacións de deterioro cognitivo

A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha un programa piloto baseado na tecnoloxía Home Theatre Personal Computer (HTPC)- Computadora Persoal de Cine en Casa para a prevención e detección de situacións de deterioro cognitivo en persoas maiores. Trátase dun proxecto baseado nas Tecnoloxía de Información e Comunicación (TIC) para ofrecer entretemento multimedia, neste caso concreto, a través de mensaxes na televisión.

O Centro Demostrador TIC da Amtega presenta un software que analiza o rendemento para aumentar a produtividade profesional

O Centro Demostrador TIC da Amtega presenta un software que analiza o rendemento para aumentar a produtividade profesional

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 8 de abril unha sesión demostradora que leva por título “Descubre como medir e analizar o teu rendemento para aumentar a túa produtividade profesional e persoal” (https://cdtic.xunta.es/produtividade-persoal) que se celebrará en horario de 11.00 a 12.00 horas.

A rede CeMIT inicia a retransmisión de seminarios do centro de novas tecnoloxías de Galicia

A rede CeMIT inicia a retransmisión de seminarios do centro de novas tecnoloxías de Galicia

A rede CeMIT e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) colaboran para ampliar a difusión das súas actividades. As aulas da rede CeMIT, emitirán a través do seu sistema de videoconferencia seminarios técnicos, que o CNTG vén celebrando en Santiago de Compostela, a todas aquelas aulas CeMIT que estean interesadas en participar.

Desta maneira, descentralízanse actividades e amplíase a posibilidade de acceso a todas aquelas persoas interesadas independentemente do lugar no que residan, evitando así desprazamentos ou imposibilidades de asistencia debido a distancias físicas.

O vindeiro 15 de abril o Centro Demostrador TIC acolle a presentación dunha plataforma en liña especializada no ámbito da formación

O vindeiro 15 de abril o Centro Demostrador TIC acolle a presentación dunha plataforma en liña especializada no ámbito da formación

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 15 de abril unha sesión demostradora que leva por título “Wekab.com: oportunidades de traballo como formador” (https://cdtic.xunta.es/weKAb-formadores) que se desenvolverá en horario de 10.00 a 12.00 horas.

O Centro Demostrador da Amtega acolle unha sesión dirixida a despachos profesionais sobre a protección e a seguridade da información

O Centro Demostrador da Amtega acolle unha sesión dirixida a despachos profesionais sobre a protección e a seguridade da información

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 21 de abril unha sesión demostradora que leva por título “Protección e seguridade da información para despachos profesionais” (https://cdtic.xunta.es/despachos-kumobe) que se desenvolverá en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Xunta e Goberno arxentino consolidan a súa colaboración no eido do teletraballo coa sinatura dun memorando

Xunta e Goberno arxentino consolidan a súa colaboración no eido do teletraballo coa sinatura dun memorando

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Xunta, Natalia Prieto, e a coordinadora de Teletraballo do Ministerio de Traballo, Emprego e Seguridade Social da Arxentina, Viviana Laura Díaz, asinaron hoxe un memorando de entendemento para o intercambio de boas prácticas e experiencias formativas no eido do teletraballo.

A Amtega e o CPETIG colaboran na celebración da V Xornada de Informática Xudicial

A Amtega e o CPETIG colaboran na celebración da V Xornada de Informática Xudicial

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaborarán na celebración da V Xornada de Informática Xudicial, segundo se recolle no acordo asinado recentemente pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Jaime Mata. O convenio contempla, ademais, accións formativas sobre protección de datos, eadministración e a celebración do Scratch Day.

Feijóo destaca que case a metade dos proxectos tecnolóxicos presentados no programa de emprendemento ‘Galicia Open Future’ están xa en fase de comercialización

Feijóo destaca que case a metade dos proxectos tecnolóxicos presentados no programa de emprendemento ‘Galicia Open Future’ están xa en fase de comercialización

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que case a metade dos proxectos tecnolóxicos presentados no programa de emprendemento ‘Galicia Open Future’ están xa en fase de comercialización.

Durante o acto de entrega dos premios desta convocatoria, Feijóo felicitou a todos os participantes pola súa capacidade para sacar o máximo proveito desta experiencia, na que se levaron a cabo máis de cincuenta actividades formativas, diversos encontros con expertos e máis de 370 horas de adestramento coas empresas implicadas.

A consellería de Cultura e Educación forma a preto de 1.000 docentes nos retos do ensino dixital nas xornadas ‘escolaTIC2015’

A consellería de Cultura e Educación forma a preto de 1.000 docentes nos retos do ensino dixital nas xornadas ‘escolaTIC2015’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde no acto de apertura das xornadas ‘escolaTIC2015’, un encontro no que o seu departamento forma a preto de 1.000 docentes nos retos do ensino dixital. Enmarcadas no Plan Anual de Formación do Profesorado, esta segunda edición das xornadas desenvolverase entre hoxe e mañá no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

A Amtega e o CPEIG celebrarán un ciclo de xornadas sobre novos perfís profesionais dixitais e ofrecerán formación especializada en TIC a docentes e empregados públicos

A Amtega e o CPEIG celebrarán un ciclo de xornadas sobre novos perfís profesionais dixitais e ofrecerán formación especializada en TIC a docentes e empregados públicos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrarán este ano un ciclo de xornadas sobre novos perfís dixitais e ofrecerán formación especializada en TIC para empregados públicos, docentes e familias. Son as catro liñas de colaboración recollidas no convenio asinado recentemente pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. A Amtega achegará ao CPEIG 65.000 euros para o desenvolvemento das accións previstas