I Concurso Nacional de Fotografía Miradas de Muller

Mércores 04 de Decembro de 2013

I Concurso Nacional de Fotografía Miradas de Muller

Iníciase a última fase da iniciativa Miradas de Muller co Concurso Nacional de Fotografía

A presentación dos traballos deberá realizarse a través da plataforma web www.miradasdemujer.com antes do 8 de decembro

O primeiro premio está valorado en máis de 2.000 €

A iniciativa Miradas de Muller que se vén desenvolvendo ao longo de 2013 a través da Rede CeMIT e a plataformawww.miradasdemujer.com de Fundetec, entra na súa última fase coa posta en marcha do I CONCURSO NACIONAL DE MIRADAS DE MULLER no que pode participar calquera usuaria da plataforma de Miradas de Muller.

O Concurso está centrado na temática de fotografía social, cuxo fin é recoñecer os traballos realizados no marco do proxecto Miradas de Muller, contribuíndo á súa vez á súa difusión e ao recoñecemento profesional dos seus autores, na súa maioría mulleres emprendedoras que decidiron converter a súa afección pola fotografía nunha alternativa de autoemprego.

As bases
O concurso está dirixido a persoas maiores de 18 anos de todo o territorio español que participen neste proxecto a través da súa plataforma web www.miradasdemujer.com. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías orixinais, inéditas e non premiadas noutro concurso, que mostren dende unha mirada diferente acontecementos, problemáticas e realidades sociais. A presentación das fotografías realizarase a través do álbum habilitado para tal fin na plataforma web do proxecto.

O prazo de presentación finalizará na media noite do domingo 8 de decembro de 2013. Consulta as bases.

Os premios
O autor da fotografía gañadora recibirá como premio unha impresora fotográfica HP Designjet Z2100 valorada en máis de 2.000 euros, cortesía de HP. Trátase dun dispositivo pensado para deseñadores gráficos, artistas plásticos, profesionais de preimpresión e fotógrafos que necesitan crear copias imprimidas de alta calidade en formato grande e probas conceptuais con cores precisas e uniformes.

O segundo premio, proporcionado por EFTI, será un cheque por valor de 1.000 euros para participar nalgún dos cursos integrados na oferta formativa desta escola, a cambiar antes do 30 de setembro de 2014. Finalmente, concederanse mencións especiais a outras oito fotografías, que participarán xunto coas dúas gañadoras na Exposición do I Concurso Nacional de Fotografía Miradas de Muller.

O xurado
Para poñer en marcha este concurso contaron coa colaboración da Escola Nacional de Fotografía Centro de Imaxe EFTI, que combina a formación nesta disciplina artística, e da compañía HP, empresa de tecnoloxía líder en impresión. Así mesmo, a iniciativa tamén conta co apoio de “Cultura Inquieta”, unha plataforma dedicada a democratizar e popularizar a cultura e a arte que presta unha atención especial á fotografía e con quen Miradas de Muller xa colaborou o pasado mes de xullo, participando no seu festival anual.

O xurado encargado de avaliar os traballos presentados estará constituído por profesionais recoñecidos no ámbito da fotografía, incluídos representantes de HP, EFTI e “Cultura Inquieta”, que se guiarán por criterios, como a creatividade e orixinalidade, a calidade técnica e o retrato da realidade social transmitido pola fotografía.