A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia reúnese co presidente da AMETIC
A asociación integra a máis de 5.000 empresas de toda España do sector da electrónica, as tecnoloxías da información e as comunicacións, as telecomunicacións e os contidos dixitais
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, mantivo unha xuntanza co presidente de AMETIC, José Manuel de la Riva, na que abordaron os retos do sector tecnolóxico no contexto actual e como elemento tractor do resto dos sectores produtivos.
Neste sentido, a responsable da política tecnolóxica da Xunta, trasladoulle ao presidente da AMETIC as iniciativas que está a desenvolver a Administración autonómica a través das actuacións recollidas na Axenda Dixital 2014.gal e o papel clave do sector tecnolóxico galego na modernización da Comunidade.
Aglutina o 7% do PIB español
A Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e as Telecomunicacións e Contidos Dixitais, AMETIC, lidera a nivel nacional, os intereses empresariais de máis de 5.000 empresas asociadas que suman no seu conxunto 386.000 empregados, cuxa actividade económica supón en torno ao 7% do PIB español. As empresas integradas na asociación aglutinan un terzo do investimento privado nacional en I+D.
Entre os obxectivos da AMETIC están fomentar e promover o desenvolvemento do sector da electrónica, as tecnoloxías da información e as comunicacións, as telecomunicacións e os contidos dixitais.