Xa se pode consultar a práctica totalidade do currículo de bacharelato no espazoabalar
Xa se pode consultar a práctica totalidade do currículo de bacharelato no espazoabalar
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) veñen de publicar 37 novas materias e 483 temas de bacharelato no espazoAbalar. Coa incorporación destes novos contidos ponse a disposición da cidadanía, de forma totalmente gratuíta, a práctica totalidade do currículo de bacharelato, do que tan só quedarían pendentes de incorporar algunhas unidades didácticas de materias optativas e modais.