Santiago acolle do 20 ao 22 de marzo a Primeira Semana Tecnolóxica adicada ao téxtil galego no Centro Demostrador TIC
A Amtega e o Clúster Téxtil-Moda Galicia, en colaboración con Red.es, organizan este encontro para achegar a oferta tecnolóxica existente en Galicia ás empresas do sector
Presentarase o primeiro Catálogo de Provedores e Solucións TIC galegas específicas para o Téxtil
Ademais, os empresarios e autónomos do téxtil poderán coñecerán as claves para xestionar un negocio en Internet, sacar o máximo partido ás redes sociais e acceder a asesoramentos individualizados de balde
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) xunto co Clúster Téxtil-Moda Galicia (COINTEGA) organizan os vindeiros 20, 21 e 22 de marzo no Centro Demostrador TIC a I Semana Tecnolóxica adicada ao téxtil. Esta actividade, que conta coa colaboración de Red.es, será un punto de encontro entre o sector tecnolóxico e as empresa galegas do sector téxtil para facilitar a transferencia de necesidades e solucións TIC.
A Semana TIC enmárcase dentro da misión do Centro Demostrador de facilitar ás micropemes e autónomos a incorporación da tecnoloxía aos seus modelos de negocio para facelos máis competitivos. Ao mesmo as empresas tecnolóxicas poden coñecer de primeira man as necesidades específicas de cada sector e adaptar a súa oferta ás necesidades reais dos diferentes sectores produtivos.
Presentación do primeiro Catálogo ModaTICgal
A xornada do 20 de marzo acollerá a presentación do Catálogo ModaTIC.gal, o primeiro Catálogo de Provedores e Solucións TIC galegas para ao téxtil, que ofrecerá ás empresas deste sector unha mostra representativa de empresas, axentes de innovación, produtos e servizos TIC galegos que poden converterse no seus aliados tecnolóxicos para cumprir seus obxectivos de negocio.
A oferta tecnolóxica recollida no Catálogo ModaTIC.gal realizouse en colaboración coas diferentes diversas asociacións tecnolóxicas galegas, Agasol, Agestic, Cluster TIC, Eganet e Ineo, así como da plataforma tecnolóxica TIC, Vindeira.
Tras a presentación celebraranse varias mesas de debate onde expertos TIC especializados no Téxtil darán resposta ás necesidades e retos en áreas como a xestión, os puntos de venda ou a loxística.
Taller sobre como vender en Internet
Na sesión do 21 de marzo Red.es organiza o taller “Vendes en Internet?” que abordará os aspectos clave para xestionar un negocio en Internet, desde como crear unha marca e sacar o máximo partido ás redes sociais e á web 2.0, a como organizar a loxística do negocio online, sen esquecer a fiscalidade ou normativa pola que se rexe o e-Commerce.
Este taller poderá seguirse o a través de videoconferencia nas aulas CeMIT da Coruña, Ortigueira, Padrón, Pontedeume, Celanova, Lalín, Ponteareas e Pontevedra.
Espazo para as demostracións prácticas
O contido do día 22 centrarase en demostracións prácticas para que as empresas do sector téxtil coñezan de primeira man man solucións tecnolóxicas, que lles aporta a súa empresa, como se integra con outros sistemas de información, así como, intercambiar tarxetas, folletos, catálogos, ...
Ademais, poderase seguir e interactuar cos ponentes e participantes mediante o uso en Twitter do hashtag ou etiqueta #ModaTICgal (https://twitter.com/#ModaTICgal), ou mandando unha mensaxe a través do Facebook da iMit.
A asistencia a todas as actividades é de balde, condicionada aos aforos dos locais, previa inscrición nos diversos canais habilitados e que poderán consultar na páxina web do CDTIC (http://cdtic.xunta.es).