A Xunta e o sector TIC continúan no terceiro trimestre coas actividades de fomento das vocacións tecnolóxicas e o impulso do talento para a incorporación ao mercado laboral

A Xunta e o sector TIC continúan no terceiro trimestre coas actividades de fomento das vocacións tecnolóxicas e o impulso do talento para a incorporación ao mercado laboral


O Catálogo do Plan para a Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, inicia o terceiro trimestre do ano sumando esforzos coas empresas colaboradoras do Pacto Dixital de Galicia e os Colexios e Asociacións do eido tecnolóxico para o fomento do talento dixital ao longo de todas as etapas vitais da cidadanía.

O presidente da Xunta agradece o traballo e dedicación de Mar Pereira á fronte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia nestes dez anos

O presidente da Xunta agradece o traballo e dedicación de Mar Pereira á fronte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia nestes dez anos


O Consello da Xunta acordou hoxe o cese a petición propia de Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia desde a súa constitución en 2012. 

O Goberno galego agradece o seu traballo e dedicación nesta etapa de posta en marcha e consolidación da Axencia que en 2012 marcou un fito ao integrar nun único organismo os recursos do ámbito tecnolóxico, apostando por unha xestión integral das políticas tecnolóxicas da Administración. 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sensibiliza contra as noticias falsas e ciberataques nun ciclo de charlas formativas nas aulas CeMIT

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sensibiliza contra as noticias falsas e ciberataques nun ciclo de charlas formativas nas aulas CeMIT


As aulas da Rede CeMIT acollerán en setembro e outubro xornadas formativas que permiten recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques. Trátase dun programa de charlas promovidas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que, baixo o título “Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques”, están preferentemente orientadas ás persoas maiores, aínda que poden apuntarse persoas de todas as idades.

A Xunta achega as aplicacións prácticas da intelixencia artificial á cidadanía a través dunhas xornadas formativas

A Xunta achega as aplicacións prácticas da intelixencia artificial á cidadanía a través dunhas xornadas formativas


“A Intelixencia Artificial no día a día” é o título das xornadas formativas, impulsadas polo Nodo Galicia Intelixencia Artificial, para achegar as vantaxes da IA á cidadanía. Destinadas a persoas maiores de 55 anos estas sesións terán lugar de xeito presencial nas aulas de Vigo e Coruña os días 20 e 23 de setembro respectivamente, e o día 29 retransmitirase en streaming desde o Centro GaiásTech da Cidade da Cultura.

A Xunta ten en marcha máis do 82% dos proxectos para a trasformación dixital financiados co mecanismo de recuperación e resiliencia

A Xunta ten en marcha máis do 82% dos proxectos para a trasformación dixital financiados co mecanismo de recuperación e resiliencia


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia activou xa expedientes por importe de 121,9 millóns de euros correspondentes a actuacións financiadas co Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR). En total, a Axencia xestiona 147,7 millóns procedentes do MRR, polo que na actualidade están xa en marcha os proxectos correspondentes ao 82,54% desa cantidade.

O Encontro Galego CIBER.gal acollerá a segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’

O Encontro Galego CIBER.gal acollerá a segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’


A segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se celebrará en Santiago os días 9 e 10 de novembro, volverá acoller entre as súas actividades un concurso escolar dirixido a centros educativos de Galicia de Primaria e da ESO.

O Centro de Resposta a Incidente de Ciberseguridade da Xunta entra na rede nacional impulsada polo CCN

O Centro de Resposta a Incidente de Ciberseguridade da Xunta entra na rede nacional impulsada polo CCN


O Centro de Resposta a Incidentes da Seguridade da Información de Galicia (CSIRT.gal), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, entrou a formar parte Rede Nacional de Centros de Operacións de Ciberseguridade (RNS) impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional (CCN).

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica celebra o día das persoas maiores ampliando a súa colaboración con Fegaus para reforzar a capacitación dixital deste colectivo

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica celebra o día das persoas maiores ampliando a súa colaboración con Fegaus para reforzar a capacitación dixital deste colectivo


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia conmemora hoxe, 1 de outubro o Día Internacional das Persoas Maiores, reforzando o seu compromiso coa capacitación dixital deste colectivo. O departamento autonómico vén de asinar un novo convenio de colaboración coa Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), que dará continuidade ao obxectivo de seguir impulsando a inclusión das persoas maiores no mundo dixital e a favorecer un envellecemento máis activo e saudable.

A porcentaxe de galegos con competencias dixitais básicas ou avanzadas crece máis dun 18% nun ano e supera o 61%

A porcentaxe de galegos con competencias dixitais básicas ou avanzadas crece máis dun 18% nun ano e supera o 61%


O nivel de competencias dixitais entre a cidadanía galega continúa a súa evolución positiva. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, acadando o 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar entre as Comunidades Autónomas en competencias dixitais básicas ou avanzadas.