A Cidade da Cultura acollerá a presentación de proxectos tecnolóxicos e educativos de seis países na 'Maker Faire Galicia'

A Cidade da Cultura acollerá a presentación de proxectos tecnolóxicos e educativos de seis países na 'Maker Faire Galicia'

A Cidade da Cultura, transformada nesta ocasión nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que estrea un formato totalmente en liña no que argalleiros e argalleiras de seis países diferentes –España, Francia, Portugal, México, Colombia e o Brasil– presentarán os seus proxectos. A través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Centro Gaiás, as persoas asistentes poderán interactuar con makers de todas as cidades, ademais de participar en obradoiros e asistir a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e internacionais.

O programa Girl STEM entrevista a Rebeca Atencia, primatóloga na fundación Jane Goodall no Congo

O programa Girl STEM entrevista a Rebeca Atencia, primatóloga na fundación Jane Goodall no Congo

Esta semana GIRL STEM conversa cunha veterinaria ferrolá, Rebeca Atencia, que está á fronte do centro de rehabilitación de chimpancés de Tchimpouga (República Democrática do Congo), dependente da Fundación Jane Goodall. 
 

Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de internet, un 4% máis que en 2019

Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de internet, un 4% máis que en 2019

O 92,4% dos fogares galegos teñen contratado Internet, cun incremento do 4,1% con respecto ao ano anterior. Isto supón que 34.400 vivendas da Comunidade se sumaron ao uso de internet no último ano. Sen embargo, o máis destacado deste aumento é que se produce nos concellos máis pequenos, onde ata o de agora a fenda dixital era máis acusada. Entre 2019 e 2020  a contratación de internet nos municipios de menos de 10.000 habitantes creceu un 8,7%, máis do dobre que a media de Galicia. 
 

A Xunta avanza no plan de mellora de cobertura móbil abrindo unha consulta a operadores

A Xunta avanza no plan de mellora de cobertura móbil abrindo unha consulta a operadores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar unha consulta pública sobre as medidas de apoio á cobertura de telefonía móbil en zonas rurais, que estará aberta ata o próximo día 10 de decembro de 2020. O obxectivo é coñecer se os operadores contemplan plans de despregamento nun total de 385 núcleos situados en zonas illadas e espazos naturais de 94 concellos que se adheriron ao Plan autonómico para mellorar as comunicacións móbiles no rural. 

A Amtega libera unha serie de compoñentes transversais para desenvolver aplicacións e servizos web

A Amtega libera unha serie de compoñentes transversais para desenvolver aplicacións e servizos web

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica como software libre unha serie de compoñentes propios, orientados a engadir funcionalidades comúns a aplicacións e servizos web. O código fonte liberado baixo unha licenza de software libre pode atoparse xa no repositorio de Software Libra da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/transversais/).

O programa Girl STEM entrevista a Rocío Martínez Núñez, unha das investigadoras do King´s College que impulsou traer a España os superrobots que fan test masivos para a COVID-19

O programa Girl STEM entrevista a Rocío Martínez Núñez, unha das investigadoras do King´s College que impulsou traer a España os superrobots que fan test masivos para a COVID-19

 
Esta semana GIRL STEM conversa con Rocío Martínez Núñez, investigadora no King´s College de Londres, desde onde conseguiu impulsar xunto a outros catro compañeiros/as unha operación público-privada que trouxo a España a pasada primavera máquinas capaces de analizar 2.400 test de PCR ao día. 
 

A Xunta e o sector tecnolóxico investiron máis de 1.260 millóns de euros desde 2015 para avanzar na dixitalización da comunidade

A Xunta e o sector tecnolóxico investiron máis de 1.260 millóns de euros desde 2015 para avanzar na dixitalización da comunidade

O pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información (Osimga) celebrouse esta semana en Santiago a través de videoconferencia. No encontro a directora da Amtega, Mar Pereira deu conta das medidas desenvolvidas durante os cinco anos de desenvolvemento da Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), impulsada desde este departamento autonómico. Ademais, informou do Plan de Traballo do Osimga o próximo ano e fixo balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, baseado nos últimos datos do Observatorio.

A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizará 4.000 M€ para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental

A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizará 4.000 M€ para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aprobación no Consello da Xunta da Estratexia Galicia Dixital 2030 que prevé mobilizar 4.000 millóns de euros para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental.
 
Feijóo aseverou que “queremos planificar a vindeira década desde o punto de vista da intelixencia artificial, da ciberseguridade, da xestión masiva de datos ou a consolidación do 5G”.