A Xunta organiza o primeiro hackathon virtual de Galicia co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras dirixidas ao comercio, a industria e o emprego

A Xunta organiza o primeiro hackathon virtual de Galicia co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras dirixidas ao comercio, a industria e o emprego

A Axencia Galega de Innovación (Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria celebrou esta mañá un seminario online de presentación do #HACKatHOME, o primeiro hackathon virtual de Galicia, que se celebrará do 27 ao 30 de xuño co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras que dean resposta ás necesidades xeradas pola pandemia na industria, o comercio e o emprego.

Os galegos realizaron preto de medio millóns de trámites online coa Xunta durante o estado de alarma

Os galegos realizaron preto de medio millóns de trámites online coa Xunta durante o estado de alarma

Durante o estado de alarma as canles electrónicas foron a única vía de comunicación coa administración autonómica e durante esas 12 semanas os galegos realizaron máis de 478.000 xestións online coa Xunta, máis do dobre que no mesmo período de 2019. A dispoñibilidade da sede electrónica e as oficinas virtuais foi  chave para garantir a relación telemática dos cidadáns coa Administración e a xestión dos trámites abertos durante ese período, como a presentación de ERTES, a presentación de escritos ou a solicitude de axudas para libros de texto ou o recoñecemento á dependencia. 

A Xunta invita ás comunidades a sumarse a canle do Camiño de Santiago que porá en marcha con Google

A Xunta invita ás comunidades a sumarse a canle do Camiño de Santiago que porá en marcha con Google

A Consellería de Cultura e Turismo e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) veñen de remitir ás Comunidades autónomas polas que discorre o Camiño de Santiago o protocolo para adherirse a canle sobre a Ruta Xacobea que porán en marcha a Xunta e Google. Con este protocolo búscase formalizar a invitación que a Administración autonómica trasladou ás Comunidades no reunión do Consejo Jacobeo celebrada o pasado 4 de maio, para sumarse a iniciativa liderada por Galicia e colaborar na difusión e promoción internacional do Camiño de Santiago. 

Preto de 50 nenas e nenos galegos participaron no campamento virtual de tecnoloxía “Digital Summer Camp” a través da Rede CeMIT

Preto de 50 nenas e nenos galegos participaron no campamento virtual de tecnoloxía “Digital Summer Camp” a través da Rede CeMIT

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co aliado dixital everis, a través da súa Fundación, participou este verán no “Digital Summer Camp”, un campamento de tecnoloxía creado para rapaces e rapazas  de entre 7 e 15 anos para mellorar as súas habilidades dixitais.

A Amtega presenta o 30 de xullo o programa formativo AceleraTech para facilitar a inmersión tecnolóxica das pemes

A Amtega presenta o 30 de xullo o programa formativo AceleraTech para facilitar a inmersión tecnolóxica das pemes

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presenta o vindeiro 30 de xullo o programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”, que se comezará en outubro. AceleraTech dirixido tanto ás pemes galegas como ao seu persoal directivo para que as tecnoloxías disruptivas máis relevantes e os beneficios e condicionantes necesarios para integralas na súa estratexia, estrutura e modelo de negocio.

Galicia iniciará unha experiencia piloto no mes de agosto a través da aplicación móbil ‘PassCOVID’ para que os cidadáns poidan acceder a toda a información sobre a pandemia

Galicia iniciará unha experiencia piloto no mes de agosto a través da aplicación móbil ‘PassCOVID’ para que os cidadáns poidan acceder a toda a información sobre a pandemia

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia iniciará no mes de agosto unha experiencia piloto nun grupo pechado de persoas a través da nova aplicación para o móbil ‘PassCOVID’. En base aos datos do Servizo Galego de Saúde, esta aplicación permitirá identificar o nivel de risco transmisor da persoa usuaria fronte á covid-19 e facilitar a xeración de alertas aos contactos indicados por esta no caso de dar positivo nunha proba PCR.

A Xunta pon en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, que ofrecerá servizos a empresas, administracións e cidadáns

A Xunta pon en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, que ofrecerá servizos a empresas, administracións e cidadáns

A Xunta traballa coa previsión de poñer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal.á volta do verán, unha vez que xa se asinou o convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Fegamp e as catro deputacións provinciais 

Os galegos poderán autorizar a terceiros a realizar os seus trámites dixitais coa Xunta

Os galegos poderán autorizar a terceiros a realizar os seus trámites dixitais coa Xunta

Os galegos poderán autorizar a unha terceira persoa ou a un funcionario público a realizar trámites dixitais en nome doutra persoa no último trimestre do ano. A articulación desta fórmula recóllese no Decreto que regulará o Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos da Comunidade e cuxo prazo de exposición pública acaba de abrirse. É un dos pasos previos para a súa a aprobación no último trimestre do ano, no que se prevé que estea operativo.

A Xunta avanza no plan de mellora da cobertura móbil con medicións sobre o terreo nos concellos adheridos

A Xunta avanza no plan de mellora da cobertura móbil con medicións sobre o terreo nos concellos adheridos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia están a realizar as medicións sobre o terreo nos 94 concellos que se adheriron á iniciativa da Xunta para a mellora a cobertura móbil en zonas illadas. 

Para adherirse ao Plan os municipios tiñan que que especificar as localidades con deficiencias dentro do seu territorio e propoñer terreos adecuados para a instalación das infraestruturas de telecomunicacións.