Galicia culminou con éxito esta mañá o proceso de liberación do segundo dividendo dixital

Galicia culminou con éxito esta mañá o proceso de liberación do segundo dividendo dixital

A Comunidade galega rematou hoxe os traballos técnicos para deixar libres as frecuencias incluídas no denominado segundo dividendo dixital. Ás 07,00 horas procedeuse ao apagado dos centros emisores da rede de telecomunicacións da empresa pública Retegal, dependente da Xunta de Galicia, para liberar esas frecuencias ocupadas ata agora polas canles da televisión dixital terrestre (TDT).

A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática convocan o concurso “Conectando Xeracións coa tecnoloxía”

A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática convocan o concurso “Conectando Xeracións coa tecnoloxía”

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan o certame “Conectando Xeracións coa tecnoloxía”, tres concursos de creación de contidos audiovisuais ou tecnolóxicos para fomentar a conexión entre xeracións, especialmente entre netos e avós aínda que non será necesario que exista un vínculo familiar entre os participantes.

Un total de 19 estudantes de carreiras non tecnolóxicas acceden ás bolsas Digitalent da Amtega para realizar prácticas en empresas TIC

Un total de 19 estudantes de carreiras non tecnolóxicas acceden ás bolsas Digitalent da Amtega para realizar prácticas en empresas TIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de celebrar a comisión avaliadora para a selección dos admitidos na convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (Bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia, e que neste momento xa se atopan en escolla de empresa adherida ó programa para a realización das prácticas.

O CDTIC Virtual pon á disposición das empresas Rocket.Chat, unha aplicación para mellorar a comunicación empresarial e o traballo colaborativo

O CDTIC Virtual pon á disposición das empresas Rocket.Chat, unha aplicación para mellorar a comunicación empresarial e o traballo colaborativo

O  Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou na súa web unha nova aplicación na nube dentro do CDTIC Virtual, que xa está a disposición das empresas e das persoas usuarias para a súa proba e avaliación. Trátase de Rocket.Chat, un software co que poderás controlar e xestionar os datos da túa comunicación ou ter a túa propia plataforma de colaboración para mellorar a produtividade do teu equipo. 

A Amtega convoca máis de 300 prazas para as probas da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Amtega convoca máis de 300 prazas para as probas da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca un total de 342 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
 

A directora da Amtega destaca a importancia de acadar acordos para que os fondos europeos destinados á dixitalización financien proxectos realmente transformadores

A directora da Amtega destaca a importancia de acadar acordos para que os fondos europeos destinados á dixitalización financien proxectos realmente transformadores

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe o Foro Galicia TIC 2020 diferenciando entre a rápida absorción da tecnoloxía que implicou a crise sanitaria da covid-19 e os cambios profundos que esixe transformación tecnolóxica que marcará a nova década 2020-2030 e que era xa un reto antes da chega da pandemia. 

A Xunta lanza a aplicación PassCOVID que ofrece información actualizada, avisos e alertas sobre a situación da crise sanitaria

A Xunta lanza a aplicación PassCOVID que ofrece información actualizada, avisos e alertas sobre a situación da crise sanitaria

A aplicación PassCOVID está xa dispoñible desde hoxe para os dispositivos con sistema operativo iOS e en proceso de publicación para os móbiles con sistema operativo Android, coa previsión de que estea accesible para a súa descarga a principios de semana. De descarga voluntaria, a aplicación pode empregala calquera persoa que que se atope en Galicia, sexa  residente ou transeúnte. Conectada directamente co Servizo Galego de Saúde PassCOVID é un instrumento de apoio á xestión da pandemia e unha canle de contacto telemática cos cidadáns. 

O CPEIG e a Amtega poñen en marcha encontros dixitais con profesionais TIC para rapaces e rapazas de 6 a 18 anos

O CPEIG e a Amtega poñen en marcha encontros dixitais con profesionais TIC para rapaces e rapazas de 6 a 18 anos

O Colexio  Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) poñen en marcha a actividade “Encontros con Profesionais TIC”, unha serie de xornadas online entre rapaces e rapazas e profesionais TIC, no marco do convenio de colaboración asinado entre ambas entidades e enmarcado na Axenda Dixital de Galicia 2020.

As microempresas galegas superan a media estatal na contratación de internet

As microempresas galegas superan a media estatal na contratación de internet

A contratación de Internet entre as microempresas galegas sitúase no 78,5%, experimentando un aumento dun 7,9% no último ano, e superando amplamente o ritmo de crecemento estatal (2,4%). Por primeira vez, a contratación de Internet nas microempresas galegas supera a media estatal (78,2%). No caso das empresas de 10 ou máis traballadores Galicia practicamente converxe coa media estatal, acadando a práctica totalidade deste segmento empresarial (98%).

Vintecinco directivos participan desde hoxe no programa AceleraTech da Amtega para facilitar a inmersión tecnolóxica das pemes

Vintecinco directivos participan desde hoxe no programa AceleraTech da Amtega para facilitar a inmersión tecnolóxica das pemes

Un total de 25 profesionais, directivos de pequenas e medianas empresas de distintos sectores, participan desde hoxe e ata o 20 de novembro o Programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”, que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con IESIDE, o Instituto de Educación Superior da Obra Social de ABANCA
 
Programa específico para persoal directivo