Máis de 220 profesores participan na formación do programa “Digicraft non teu cole” para dotar de competencias dixitais a alumnos de primaria

Máis de 220 profesores participan na formación do programa “Digicraft non teu cole” para dotar de competencias dixitais a alumnos de primaria

Un total de 224 profesores  iniciaron esta semana a formación continua para impartir os contidos do Programa “Digicraft non teu cole”, que busca potenciar a formación en competencias dixitais de alumnos de primaria entre 6 e 12 anos. A iniciativa, impulsada pola Fundación, Vodafone inicia a súa segunda edición en Galicia grazas a un acordo coa Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
 

A Rede CeMIT acolle novas actividades formativas en competencias dixitais e sociais para facilitar a inserción sociolaboral de persoas desempregadas

A Rede CeMIT acolle novas actividades formativas en competencias dixitais e sociais para facilitar a inserción sociolaboral de persoas desempregadas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a entidade colaboradora Red Araña poñen en marcha unha variedade de programas formativos que contan con financiación da Xunta de Galicia, co obxectivo de promover actuacións que permitan a inserción sociolaboral de persoas desempregadas a través da adquisición de destrezas dixitais e sociais.

AGASOL e Amtega lanzan a terceira edición do ciclo de conversas con mulleres referentes no ámbito dixital para impulsar as vocacións STEM

AGASOL e Amtega lanzan a terceira edición do ciclo de conversas con mulleres referentes no ámbito dixital para impulsar as vocacións STEM

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), lanzan este ano a terceira edición do programa 'GIRL STEM: derrubando estereotipos', enmarcado no Plan de Promoción do Talento Dixital da Amtega, que busca a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino representa un 29% do total de  persoas matriculadas.
 

O programa Girl STEM entrevista a Begoña Vila, astrofísica galega na NASA

O programa Girl STEM entrevista a Begoña Vila, astrofísica galega na NASA

A entrevista coa enxeñeira galega Begoña Vila inaugura o ciclo de conversas da terceira edición do programa GIRL STEM, derrubando estereotipos, que este ano se transforma nunha acción totalmente dixital e pedagóxica para adaptarse ás circunstancias impostas pola covid-19, pero tamén para avanzar cara dinámicas máis eficaces que acheguen recursos cos que traballar de forma transversal nas aulas de todos os centros de ensino de Galicia. 
 

A directora da Amtega destaca a importancia da colaboración entre insitucións para abordar os retos en materia de confianza dixital

A directora da Amtega destaca a importancia da colaboración entre insitucións para abordar os retos en materia de confianza dixital

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe que nos enfrontamos a importantes retos en materia de confianza dixital tras o salto cuántico na absorción da tecnoloxía que implicou a crise da covid-19. Neste sentido cualificou de “inescusable” a colaboración entre as administración e outras entidades públicas e privadas para estar a altura do que demandan cidadáns e empresas e que a tecnoloxía siga sendo un elemento de axuda e tamén de confianza. 
 

A Cidade da Cultura acollerá a presentación de proxectos tecnolóxicos e educativos de seis países na 'Maker Faire Galicia'

A Cidade da Cultura acollerá a presentación de proxectos tecnolóxicos e educativos de seis países na 'Maker Faire Galicia'

A Cidade da Cultura, transformada nesta ocasión nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que estrea un formato totalmente en liña no que argalleiros e argalleiras de seis países diferentes –España, Francia, Portugal, México, Colombia e o Brasil– presentarán os seus proxectos. A través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Centro Gaiás, as persoas asistentes poderán interactuar con makers de todas as cidades, ademais de participar en obradoiros e asistir a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e internacionais.

O programa Girl STEM entrevista a Rebeca Atencia, primatóloga na fundación Jane Goodall no Congo

O programa Girl STEM entrevista a Rebeca Atencia, primatóloga na fundación Jane Goodall no Congo

Esta semana GIRL STEM conversa cunha veterinaria ferrolá, Rebeca Atencia, que está á fronte do centro de rehabilitación de chimpancés de Tchimpouga (República Democrática do Congo), dependente da Fundación Jane Goodall. 
 

Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de internet, un 4% máis que en 2019

Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de internet, un 4% máis que en 2019

O 92,4% dos fogares galegos teñen contratado Internet, cun incremento do 4,1% con respecto ao ano anterior. Isto supón que 34.400 vivendas da Comunidade se sumaron ao uso de internet no último ano. Sen embargo, o máis destacado deste aumento é que se produce nos concellos máis pequenos, onde ata o de agora a fenda dixital era máis acusada. Entre 2019 e 2020  a contratación de internet nos municipios de menos de 10.000 habitantes creceu un 8,7%, máis do dobre que a media de Galicia. 
 

A Xunta avanza no plan de mellora de cobertura móbil abrindo unha consulta a operadores

A Xunta avanza no plan de mellora de cobertura móbil abrindo unha consulta a operadores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar unha consulta pública sobre as medidas de apoio á cobertura de telefonía móbil en zonas rurais, que estará aberta ata o próximo día 10 de decembro de 2020. O obxectivo é coñecer se os operadores contemplan plans de despregamento nun total de 385 núcleos situados en zonas illadas e espazos naturais de 94 concellos que se adheriron ao Plan autonómico para mellorar as comunicacións móbiles no rural.