Un total de 94 concellos do rural adhírense á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

Un total de 94 concellos do rural adhírense á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

Un total de 94 concellos do ámbito rural solicitaron a súa adhesión á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural, que conta orzamento de ata 5 millóns de euros da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Para participar no plan as entidades locais debían incluír na solicitude a cesión dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica, para o que poderán solicitar unha axuda máxima de 30.000€.

A Xunta presenta a entidades públicas e privadas sen fins de lucro a nova liña de axudas para a dixitalización dos seus fondos documentais

A Xunta presenta a entidades públicas e privadas sen fins de lucro a nova liña de axudas para a dixitalización dos seus fondos documentais

O vindeiro xoves, 5 de marzo, a Cidade da Cultura acollerá unha xornada técnica, na que responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da dirección xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, presentarán a nova liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen os seus fondos documentais. É unha das medidas da Memoria Dixital de Galicia para avanzar na conservación e universalización do patrimonio galego.

A Amtega abre en marzo o prazo de tres das iniciativas do plan Digitalent para promover as vocacións tecnolóxicas

A Amtega abre en marzo o prazo de tres das iniciativas do plan Digitalent para promover as vocacións tecnolóxicas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) comeza o mes de marzo coa apertura de tres das liñas de actuación do Plan Digitalent: o programa de charlas en centros educativos galegos vinculadas ás novas tendencias dixitais, unha nova edición do Programa Tecnólogo por un día e a convocatoria das Bolsas DigiTalent. 
 

A Xunta e a Universidade de Vigo abren o laboratorio 5G ao ecosistema dixital para facilitar a creación de novas solucións baseadas nesta tecnoloxía

A Xunta e a Universidade de Vigo abren o laboratorio 5G ao ecosistema dixital para facilitar a creación de novas solucións baseadas nesta tecnoloxía

Galicia contará desde mañá cun laboratorio 5G aberto ao ecosistema dixital, un espazo de teste de tecnoloxías destas comunicacións avanzadas sen fíos e sensorización para realizar probas e simulación, tanto de posibles solucións, servizos ou equipamento baseado nesta tecnoloxía avanzada sen fíos. Ese é obxectivo do convenio de colaboración asinado esta mañá en Vigo entre a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o director xerente de Retegal, Miguel Rodríguez. 
 

A Amtega dá a coñecer aos gañadores dos concursos de debuxos e microrelatos da Estratexia Dixital de Galicia 2030, nos que participaron máis de 300 rapaces

A Amtega dá a coñecer aos gañadores dos concursos de debuxos e microrelatos da Estratexia Dixital de Galicia 2030, nos que participaron máis de 300 rapaces

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar os gañadores dos concursos de debuxo e microrrelatos lanzados o pasado mes de decembro para contar coas achegas dos máis novos no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
 
Estes certames congregaron a participación de 42 centros educativos das catro provincias galegas e contouse coa implicación de máis de 50 docentes que desenvolveron un papel fundamental para a participación do seu alumnado, entregando 333 traballos (213 debuxos e 120 microrrelatos).

O Gaiás acolle hoxe a xornada de presentación da nova liña de axudas á dixitalización de fondos documentais

O Gaiás acolle hoxe a xornada de presentación da nova liña de axudas á dixitalización de fondos documentais

A Memoria Dixital de Galicia, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura e Turismo avanza na conservación e universalización do patrimonio galego co lanzamento dunha segunda liña de axuda para a  dixitalización dos fondos documentais de vinte entidades públicas e privadas sen fins de lucro.
 

A Amtega abre a convocatoria das bolsas Digitalent para facilitar a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC

A Amtega abre a convocatoria das bolsas Digitalent para facilitar a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (Bolsas DigiTalent), dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent.
 

O Plan Digtalent da Xunta trae ao Gaiás hoxe e mañá o IV Hackathon Big Data & Analytics, organizado por DXC Technology

O Plan Digtalent da Xunta trae ao Gaiás hoxe e mañá o IV Hackathon Big Data & Analytics, organizado por DXC Technology

O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC Technology (CEIN) en colaboración coa Amtega, Intecmar e Meteogalicia, convoca  a  cuarta edición do Hackathon Big Data & Analytics, que se celebra hoxe e mañá na sede das súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

A Xunta abre a convocatoria da liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen fondos patrimoniais

A Xunta abre a convocatoria da liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen fondos patrimoniais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a apertura da nova convocatoria de axudas para facilitar a dixitalización de fondos patrimoniais a entidades públicas e organizacións privadas sen fins de lucro. Desde mañá e ata 10 de abril  os interesados poderán realizar a súa solicitude

A Xunta licita novos contidos para os tres vindeiros cursos en E-Dixgal

A Xunta licita novos contidos para os tres vindeiros cursos en E-Dixgal

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de licitar a contratación de novos contidos curriculares para a iniciativa do libro dixital, E-Dixgal, enmarcada no Proxecto Abalar. O pregos publicados hoxe na Plataforma de Contratos de Galicia, recollen unha dotación de ata 2 millóns de euros para prover dúas alternativas de contidos curriculares completos dos cursos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, para os tres vindeiros anos.