A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá venres 29 de maio o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio, que comezará o 1 de setembro e rematará o 22 de novembro, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes de novembro unha vez rematado o curso.
 

A Xunta facilita ás universidades o uso das Aulas da Rede CeMIT para a realizacion de exames

A Xunta facilita ás universidades o uso das Aulas da Rede CeMIT para a realizacion de exames

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e as tres Universidades galegas veñen de asinar un convenio para facilitar ao  alumnado universitario que o precise a realización de exames online desde as aulas da Rede CeMIT.
 
O acordo, xurdido a petición das universidades, ten como obxectivo que aqueles alumnos que teñan dificultades para examinarse online  desde os seus fogares poidan facelo grazas á conexión das aulas CeMIT, entre o 1 de xuño e 31 de xullo de 2020.

Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado no acceso a servizos dixitais

Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado no acceso a servizos dixitais

Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado na disposición de servizos dixitais provistos pola Administración pública como entornos virtuais de aprendizaxe, aulas virtuais e servizos na nube. Así se recolle na estatística "Ensino non universitario. Sociedade da información e a comunicación nos centros educativos. Curso 2018-2019", que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional e que reflicte a boa situación da dixitalización nos centros públicos galegos no contexto nacional. 

Reábrese o prazo para solicitar as bolsas do programa Digitalent, que promove a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC

Reábrese o prazo para solicitar as bolsas do programa Digitalent, que promove a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC

Hoxe reábrense os prazos para solicitar as bolsas do Programa DigiTalent, que ofrece 32 prazas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura para realizar prácticas formativas en empresas do sector tecnolóxico. Os interesados poderán remitir as súas candidaturas ata o próximo día 23 de xuño (incluído).

A Amtega e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia abren o prazo de inscrición para un curso online dirixido aos delegados de protección de datos

A Amtega e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia abren o prazo de inscrición para un curso online dirixido aos delegados de protección de datos

Hoxe ábrese o  prazo de inscrición para o curso “O día a día do DPD”, que dará comezo o 19 de xuño organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega. 

O curso, que será impartido na modalidade online pola Asociación Española para a Calidade, AEC, está estruturado en catro sesións que se celebrarán as dúas últimas fins de semana de xuño, os días 19, 20, 26 e 27, en horario de venres pola tarde e sábados pola mañá. 

A Xunta aplica a tecnoloxía blockchain á trazabilidade da marca de calidade “pescadeRias, de onde se non?”

A Xunta aplica a tecnoloxía blockchain á trazabilidade da marca de calidade “pescadeRias, de onde se non?”

A Xunta vén de implantar a tecnoloxía blockchain no sistema de trazabilidade da marca “pescadeRías, de onde se non?”, que ofrece garantías adicionais da autenticidade de cada unha das operacións que se producen na cadea de valor dos peixes e mariscos galegos certificados con esta marca de calidade.

A Xunta e o Concello de Santiago pechan a consulta pública a operadores con tres propostas de despregamento de fibra no casco histórico

A Xunta e o Concello de Santiago pechan a consulta pública a operadores con tres propostas de despregamento de fibra no casco histórico

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago veñen de pechar o proceso de consulta aberta a operadores para despregar fibra no conxunto histórico de Santiago coas propostas de R, Telefónica e Orange, operador que vén de solicitar licenza para comezar a despregar este ano. Os detalles desta proposta daranse a coñecer a principios da semana que vén.
 

Actívase o primeiro plan de despregamento de fibra en todo casco histórico grazas á colaboración entre a Xunta e o Concello de Santiago

Actívase o primeiro plan de despregamento de fibra en todo casco histórico grazas á colaboración entre a Xunta e o Concello de Santiago

A fibra óptica chegará á Rúa do Franco este verán e á totalidade do conxunto histórico compostelán nun prazo estimado de sete meses. Esta é previsión do plan de despregamento que o director territorial de Relacións Institucionais do operador Orange, Óscar Aragón, presentou hoxe á directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; ao alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e a directora xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo, María del Carmen Martínez. 
 

A edición 2020/2021 do programa "Digicraft no teu cole" reforza a súa presenza en Galicia e contará coa participación de ata 250 centros escolares galegos

A edición 2020/2021 do programa "Digicraft no teu cole" reforza a súa presenza en Galicia e contará coa participación de ata 250 centros escolares galegos

A Xunta de Galicia, a través da Amtega e a Consellería de Educación, Universidade e Formación, e a Fundación Vodafone España presentan a nova edición do proxecto ‘DigiCraft no teu cole’ para o curso académico 2020/2021. A nova edición consolida o acordo de colaboración asinado por ambas as institucións en 2019 para levar a Galicia esta iniciativa pioneira en España e fomentar o desenvolvemento de competencias dixitais desde a infancia, enmarcándose no Plan DigiTalent da Xunta.
 

A Xunta impulsa tres novas liñas de apoio á dixitalización por 16 M€ para facilitar a reactivación do comercio, autónomos e pemes

A Xunta impulsa tres novas liñas de apoio á dixitalización por 16 M€ para facilitar a reactivación do comercio, autónomos e pemes

A Xunta activa tres novas liñas de apoio á dixitalización do comercio, o colectivo autónomo e as pequenas e medianas empresas por 16 millóns de euros para facilitar a súa adaptación á situación derivada da covid-19 e, polo tanto, a reactivación do tecido produtivo galego. Así, como recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), a partir de mañá poderanse solicitar as axudas do programa dos cheques de dixitalización e do Galicia Exporta Dixital, aos que o Goberno galego destina nestas convocatorias 7 e 3,6 millóns de euros, respectivamente.