O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC Technology (CEIN) en colaboración coa Amtega, Intecmar e Meteogalicia, convoca a cuarta edición do Hackathon Big Data & Analytics, que se celebra hoxe e mañá na sede das súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a apertura da nova convocatoria de axudas para facilitar a dixitalización de fondos patrimoniais a entidades públicas e organizacións privadas sen fins de lucro. Desde mañá e ata 10 de abril os interesados poderán realizar a súa solicitude
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe dúas guías para facilitar o teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están dispoñibles xa nas webs do CDITC (https://cdtic.xunta.gal/node/9157) e Faite Dixital https://faitedixital.xunta.gal/gl/node/9279), e nelas poderán atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto.
Un total de 11.000 empregados públicos da Administración xeral autonómica poden traballar desde a casa a día de hoxe. Nos últimos 15 días a Xunta multiplicou por dez o número destas conexións ao escritorio remoto, que permiten, tamén, o acceso as plataformas de tramitación electrónica de expedientes coas que conta Administración autonómica.
Para facilitar a xestión online dos cidadáns a Xunta vén de ampliar o período de validez do servizo Chave 365 a aqueles usuarios aos que lles expire durante o estado de alarma e polo tempo que dure o mesmo. Ademais, a Administración autonómica exime aos usuarios da obrigatoriedade de modificar anualmente a clave de acceso. As persoas ás que lles corresponda realizar este cambio durante a vixencia do estado de alarma poderán seguir utilizando o sistema mentres se manteña esta situación.
A Xunta entregou en menos dunha semana a práctica totalidade dos 1.000 portátiles con conexións a internet gratuítas, destinados a familias con menos recursos e cuxos fillos cursen Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional. A entrega dos restantes completarase a volta das vacacións escolares de Semana Santa ante a petición dos propios centros. Esta medida, aprobada no último Consello da Xunta, realízase en colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange.
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) continúa a súa actividade divulgativa e formativa para pemes e autónomos con diversas actividades en streaming, que nestes días están rexistrar notables incrementos de participación. Con estas sesións, en colaboración con diversos axentes tecnolóxicos da Comunidade e que teñen o formato #DemosXweb, búscase fomentar o teletraballo e tratar diversos aspectos de utilidade á hora de adoptar esta modalidade de traballo na casa.