A Xunta reúne o vindeiro luns en Santiago a axentes do sector dixital e agrario para mostrarlles os principais resultados do proxecto “Primare Inspeccións Intelixentes Avanzadas”

A Xunta reúne o vindeiro luns en Santiago a axentes do sector dixital e agrario para mostrarlles os principais resultados do proxecto “Primare Inspeccións Intelixentes Avanzadas”

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o vindeiro luns 16 de decembro, a xornada de presentación do proxecto ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).

A Xunta universalizará a posibilidade de pagar on line todas as xestións coa ATRIGA cun aforro anual de 42 millóns para os contribuíntes

A Xunta universalizará a posibilidade de pagar on line todas as xestións coa ATRIGA cun aforro anual de 42 millóns para os contribuíntes

 

A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) universalizará a posibilidade de que calquera cidadán poida pagar on line, a través da Oficina Virtual Tributaria e cunha tarxeta de crédito ou débito, todos os ingresos xestionados pola mesma, polo que non terán que desprazarse ás oficinas bancarias, co conseguinte aforro de tempo e diñeiro. A estimación de aforro anual é de algo máis de 42 millóns de euros, grazas a que máis de 567.000 operacións pasarán a tramitarse con tarxeta.

A Xunta lanza dous concursos para que os máis novos participen na Estratexia Dixital de Galicia 2030

A Xunta lanza dous concursos para que os máis novos participen na Estratexia Dixital de Galicia 2030

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) quere contar coas achegas dos máis novos na elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030). Con este obxectivo a Axencia autonómica lanza dous concursos, un de debuxo para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, e outro de microrrelatos, dirixido a mozos e mozas de entre 11 e 18 anos, cuxas bases se publicarán mañá no espazo web  amtega.xunta.gal/edg2030/concursos.

A Xunta porá en marcha a segunda fase do proxecto Primare para facilitar a xestión dixital das explotacións agrogandeiras de Galicia

A Xunta porá en marcha a segunda fase do proxecto Primare para facilitar a xestión dixital das explotacións agrogandeiras de Galicia

A Xunta desenvolverá a segunda fase do Programa Primare tras validar a plataforma desenvolta para as inspeccións intelixentes avanzadas, cuxos resultados se presentaron hoxe nunha xornada celebrada na Cidade da Cultura. O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral da Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto.

A Xunta busca a colaboración das entidades locais para que Galicia se beneficie dunha Estratexia Dixital única cara a vindeira década

A Xunta busca a colaboración das entidades locais para que Galicia se beneficie dunha Estratexia Dixital única cara a vindeira década

A Xunta incorpora aos representantes das entidades locais ao proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030) co obxectivo de avanzar na colaboración entre diferentes niveis administrativos para configurar un única folla de ruta dixital cara a vindeira década.

A Xunta ampliará automáticamente os prazos dos trámites online en caso de incidencia na Sede Electrónica

A Xunta ampliará automáticamente os prazos dos trámites online en caso de incidencia na Sede Electrónica

A Xunta vén de enviar ao Consello Consultivo o Proxecto de Decreto polo que se regula a ampliación dos prazos de presentación de solicitudes, escritos, comunicacións e documentos na sede electrónica da Xunta no caso de determinadas incidencias técnicas que imposibiliten o seu funcionamento ordinario. É un dos tres decretos que se prevén aprobar esta lexislatura no marco da Lei de Administración Dixital de Galicia (Ledixga), aprobada o pasado mes de xullo, e que busca universalizar o acceso dos galegos ao servizos dixitais.

A Xunta presenta 'Galicia Nomeada', unha plataforma de referencia na salvagarda e divulgación do tesouro toponímico

A Xunta presenta 'Galicia Nomeada', unha plataforma de referencia na salvagarda e divulgación do tesouro toponímico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe Galicia Nomeada, unha plataforma web pioneira que favorece a salvagarda, a compilación e a divulgación do tesouro toponímico de Galicia, “un caso singular sen comparanza en España nin en Europa en variedade, antigüidade e densidade de denominacións por km2. Un terzo das entidades de poboación de España está en Galicia, o que explica a nosa vizosa macrotoponimia”, recordou.

A Xunta e a FEGAMP colaboran para que os concellos do rural poidan adherirse á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

A Xunta e a FEGAMP colaboran para que os concellos do rural poidan adherirse á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) veñen de asinar o acordo marco que permitirá ás entidades locais adherirse á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural. Desde principios de xaneiro e ata mediados de febreiro os municipios do rural interesados poderán realizar a solicitude de adhesión a través da FEGAMP. 

A Xunta aumentará a capacidade da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia e incrementará as súas funcionalidades

A Xunta aumentará a capacidade da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia e incrementará as súas funcionalidades

A Xunta de Galicia aumentará a capacidade da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia (RESGAL) e incrementará as súas funcionalidades. Son os obxectivos principais, xunto co mantemento da Rede, que se recollen na licitación que vén de publicar o operador público Retegal, dependente da Amtega, e responsable da xestión de RESGAL.  
 

O CDTIC virtual pon á disposición das empresas unha nova aplicación para a xestión de proxectos

O CDTIC virtual pon á disposición das empresas unha nova aplicación para a xestión de proxectos

O  Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar na súa web unha nova aplicación na nube dentro do CDTIC Virtual, que xa está a disposición das empresas e das persoas interesadas para a súa proba e avaliación. Trátase de Taiga (https://cdtic.xunta.gal/app-ficha/8959), unha plataforma libre e de código aberto deseñada para axudar na planificación e na xestión de proxectos empregando metodoloxías áxiles.