A Xunta incopora novos contidos innovadores DIXIT á iniciativa Abalar

A Xunta incopora novos contidos innovadores DIXIT á iniciativa Abalar

A iniciativa DIXIT, que impulsa creación  de contidos educativos dixitais innovadores coa implicación do profesorado e os sectores TIC e audiovisual, vén de incrementar a súa oferta incorporando novos recursos para as materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, que xa están dispoñibles no Repositorio de Contidos de  espazoAbalar e na plataforma do libro dixital.

A Xunta porá en marcha o expediente dixital do empregado público

A Xunta porá en marcha o expediente dixital do empregado público

A Xunta vai por en marcha o expediente dixital do empregado público, que permitirá a xestión electrónica de todos os procesos vinculados á  carreira profesional dos profesionais da Administración autonómica. Con este obxectivo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de licitar a adaptación, evolución, implantación e soporte da plataforma FIDES, o sistema que se está a empregar no SERGAS para xestión dos recursos humanos do ámbito sanitario. 
 

O CDTIC da Amtega acolle en febreiro unha nova edición do programa #MesD centrado na mellora de competencias dixitais

O CDTIC da Amtega acolle en febreiro unha nova edición do programa #MesD centrado na mellora de competencias dixitais

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza xunto a Red.es a quinta edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas dedicadas a un tema concreto. En febreiro, #MesD centrarase na adquisición de competencias persoais para a transformación dixital con catro actividades: ¨”Creatividade e innovación” (4 de febreiro); “Pensamento crítico” (11 de febreiro); “Resolución de problemas complexos” (18 de febreiro); e “Xestión de persoas” (26 de febreiro). 

A mocidade galega compra en internet o dobre que os maiores de 35 anos

A mocidade galega compra en internet o dobre que os maiores de 35 anos

O uso do comercio electrónico entre os galegos de 16 a 34 anos é practicamente o dobre que o que fan dos maiores de 35 (73,8% fronte a 38,4%).  É un dos datos que se recolle no estudo “A Mocidade e as TIC. Edición 2019” que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Amtega.
 

A Xunta apela á industrialización do rural galego a través de empresas como TMC Cancela que apostan pola dixitalización e a formación

A Xunta apela á industrialización do rural galego a través de empresas como TMC Cancela que apostan pola dixitalización e a formación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, realizou hoxe unha visita á empresa TMC Cancela, especializada en maquinaria agrícola e forestal, da que destacou que sexa un exemplo de industrialización do rural galego. A compañía, sita en Tordoia, conta cunha capacidade de produción que supera as 2.000 unidades ao ano

A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá martes o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio que comezará o día 2 de marzo e rematará o 24 de maio, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes.

O CELGA universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña

O CELGA universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña

O certificado de acreditación da lingua galega (CELGA) universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 (B1) na modalidade de teleformación, tal e como anunciou o Goberno galego hai un ano, cando avanzou que antes do remate da lexislatura estarían implementados e en funcionamento todos os cursos preparatorios das probas de acreditación dos catro primeiros niveis Celga (ao Celga 5 só se pode acceder mediante a validación de estudos universitarios de especialidade en galego).

O 14 de febreiro remata o prazo para que os concellos soliciten a súa adhesión á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

O 14 de febreiro remata o prazo para que os concellos soliciten a súa adhesión á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

O vindeiro 14 de febreiro remata o prazos para que os concellos interesados en adherirse á iniciativa autonómica de mellora de cobertura móbil presenten a súa solicitude. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) asinaron o pasado mes de decembro uno acordo marco para facilitarlle ás entidades locais a adhesión á esta actuación.
 

A Amtega celebra o día da internet segura con preto dun centenar de actividades na rede CeMIT durante o mes de febreiro

A Amtega celebra o día da internet segura con preto dun centenar de actividades na rede CeMIT durante o mes de febreiro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Rede CeMIT súmanse un ano máis á celebración do o Día de Internet Segura, con preto dun centenar de actividades durante o mes de febreiro cunha duración de máis de 500 horas.