A Xunta ampliará automáticamente os prazos dos trámites online en caso de incidencia na Sede Electrónica
A Xunta ampliará automáticamente os prazos dos trámites online en caso de incidencia na Sede Electrónica
A Xunta vén de enviar ao Consello Consultivo o Proxecto de Decreto polo que se regula a ampliación dos prazos de presentación de solicitudes, escritos, comunicacións e documentos na sede electrónica da Xunta no caso de determinadas incidencias técnicas que imposibiliten o seu funcionamento ordinario. É un dos tres decretos que se prevén aprobar esta lexislatura no marco da Lei de Administración Dixital de Galicia (Ledixga), aprobada o pasado mes de xullo, e que busca universalizar o acceso dos galegos ao servizos dixitais.