A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe que no contexto de transformación dixital a ciberseguridade é esencial porque “nos xogamos vivir nunha contorna segura”. A responsable da política tecnolóxica da Xunta inaugurou esta mañá a última xornada do Foro Cybersec@gal, organizado impulsado pola cátedra R en Ciberseguridade e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática.
O 93,5% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 74,1% das microempresas interactuou coas administracións públicas a través de Internet. En ambos tipos de empresas a xestión online coa administración é superior ao do conxunto do estado e sitúa a Galicia nos primeiros postos entre as diferentes Comunidades Autónomas.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o próximo 22 de outubro no concello de Meira (Lugo) a xornada “Primare Demo-Day” para dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizarán o vindeiro domingo, 27 de outubro, a xornada final do programa “TechKids”, talleres sobre programación, robótica, drons e animación 3D celebrados durante o verán nas Aulas CeMIT de Galicia. O evento celebrarase de 11:00 a 14:30 horas no Edificio do Centro de Innovación Cultural (Cinc) da Cidade da Cultura de Galicia.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan o 28 de outubro a conferencia “Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes”, que forma parte do programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias tecnolóxicas do convenio firmado ente Amtega e AETG.
A charla no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura (ás 11:15h e será impartida polos enxeñeiros e Directores de Navantia, Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo