A rede CeMIT celebra o Día de Internet segura cunha programación especial de actividades

Venres 01 de Febreiro de 2019

A rede CeMIT celebra o Día de Internet segura cunha programación especial de actividades

• A Rede e os seus aliados dixitais súmanse a esta conmemoración cunha planificación especial en aulas das catro provincias para promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías
• O 5 de febreiro celebraranse charlas en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, coa Asociación Galega de Software Libre e co mentor dixital Jose M. Lozoya
• As actividades estenderanse ata mediados de febreiro en aulas das catro provincias

A Rede CeMIT celebra o Día de Internet Segura cunha programación especial de actividades das Aulas CeMIT, sumándose así a un evento que se ven celebrando desde o ano 2004 na Unión Europea e que actualmente conmemórase internacionalmente.  
 
As actividades programadas desde a Rede CeMIT con motivo deste día teñen como obxectivo principal apoiar a creación dunha internet máis segura e mellor, para convertela nun espazo no que todos fagamos uso da tecnoloxía de modo máis responsable, respectuoso, crítico e creativo.
 
Actividades programadas
Ao longo do día 5 de febreiro, terán lugar as seguintes charlas programadas na rede CeMIT grazas á colaboración dos aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020: Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), a Asociación Galega de Software Libre (Agasol), o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e o mentor dixital D. José M. Lozoya. 
 

Aula CeMIT de Barreiros, Lugo, impartida polo aliado dixital AETG
Aula CeMIT de Pontedeume, A Coruña, impartida polo aliado dixital  AETG
Aula CeMIT de Redondela, Pontevedra, impartida polo aliado dixital AETG
IES A Guía, de Vigo, impartida polo aliado dixital AGASOL
Aula CeMIT de Celanova, Ourense, impartida polo aliado dixital CPEIG
Aula CeMIT de Leiro, Ourense, impartida polo aliado dixital CPEIG
Aula CeMIT de Pontevedra, impartida polo mentor dixital D. José M. Lozoya

 
Ademais, na semana centrada nesta data internacional desenvolveranse noutras aulas CeMIT de Galicia diversas actividades, que poderán consultar a través da web http://cemit.xunta.gal, como son:
 

Aula CeMIT de Abegondo, A Coruña (día 5 e 6 de febreiro): realizará unha actividade propia e impartirase unha charla coa colaboración dun Cibercooperante do programa Internet segura for Kids do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad).
Aula CeMIT de Castro Caldelas, Ourense (do 4 ao 7 de febreiro): desenvolverá diversas charlas, proxeccións de vídeos, xogos e dinámicas de grupo.
Aula CeMIT de Fisterra, A Coruña (12 de febreiro): impartirase unha charla coa colaboración dun Cibercooperante do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad)
Aula CeMIT de Ribadeo, Lugo, participarase nun seminario en liña (webinar) sobre o  Uso seguro de Internet: precaucións e métodos de protección, en colaboración co programa CyLdigital da Junta de Castilla y León.

 
O único requisito para poder asistir a todas estas actividades gratuítas e programadas nas aulas CeMIT é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello ou a través da web http://cemit.xunta.gal. 
 
A Rede CeMIT
A Rede está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer á cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.
 
Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliad@s Dixitais
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
 
Esta estratexia estase a desenvolver grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital. Actualmente o Plan de Inclusión Dixital conta con máis de 800 aliados dixitais.