Máis do 80% das pemes e grandes empresas optan pola banda larga móbil, que xa está presente no 69% das microempresas

Máis do 80% das pemes e grandes empresas optan pola banda larga móbil, que xa está presente no 69% das microempresas

O 58,4% das microempresas galegas con conexión a Internet posúe velocidades de contratación superiores aos 10 Mbps, 9,1 puntos máis que no ano anterior. No caso das empresas galegas de 10 ou máis empregados, cabe salientar o aumento nas velocidades superiores aos 100 Mbps, que acadan xa unha porcentaxe do 25,6%, 3,3 puntos máis que no ano anterior.

A Xunta lanza o Plan Dico Mindset para dinamizar o sector dos contidos dixitais en Galicia

A Xunta lanza o Plan Dico Mindset para dinamizar o sector dos contidos dixitais en Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os Clústers TIC e do Audiovisual de Galicia celebran hoxe a xornada de presentación do Plan DICO Mindset de impulso aos contidos dixitais aos axentes implicados. O obxectivo do Plan, aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de marzo, ten o dobre obxectivo de impulsar a innovación tecnolóxica no ámbito dos contidos dixitais e desenvolver proxectos tractores para configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo.

O 90% dos internautas galegos considera necesario dispor de máis información sobre ciberseguridade

O 90% dos internautas galegos considera necesario dispor de máis información sobre ciberseguridade

A ciberseguridade preocupa aos galegos e o 90% considera recomendable ter máis información para navegar de xeito seguro pola rede. Esta é unha das principais conclusións do primeiro estudo “Ciberseguridade e confianza dixital nos fogares galegos. Edición 2017”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O obxectivo deste informe, o primeiro deste tipo que realiza a Administración autonómica, é analizar o coñecemento en materia de ciberseguridade na sociedade galega.

Preto de 17.000 persoas inscribíronse online no primeiro proceso selectivo da Xunta para persoal docente integramente electrónico

Preto de 17.000 persoas inscribíronse online no primeiro proceso selectivo da Xunta para persoal docente integramente electrónico

Por primeira vez dende a entrada en vigor da Lei 39/2015 para consolidar unha Administración integramente dixital, o proceso de inscrición para o ingreso nos diferentes corpos docentes, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, levouse a cabo de xeito integramente electrónico. En total, presentáronse 16.951 solicitudes a través da sede electrónica autonómica, das cales o 84% empregaron o servizo de claves concertadas, Chave 365, e as restantes optaron polo certificado dixital.

Interoperabilidade

O Centro Demostrador TIC da Amtega acolle o 9 de maio unha sesión informativa sobre as axudas de Red.es para o sector do videoxogo

O Centro Demostrador TIC da Amtega acolle o 9 de maio unha sesión informativa sobre as axudas de Red.es para o sector do videoxogo

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acolle, o día 9 de maio, de 10.00 a 12.00 h, unha sesión informativa sobre a recente convocatoria de axudas para o sector do videoxogo (https://cdtic.xunta.gal/ayudas-videojuegos), financiadas con cargo ao Programa Operativo 2014-2020 dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A Xunta e Vodafone abren a terceira convocatoria do programa de apoio á innovación social dixital, ‘Connecting for Good Galicia’

A Xunta e Vodafone abren a terceira convocatoria do programa de apoio á innovación social dixital, ‘Connecting for Good Galicia’

Desde hoxe e ata o 31 de xullo os emprendedores interesados en participar na terceira convocatoria de ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’, poden presentar as súas candidaturas. Este programa, impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ofrece apoio e formación a iniciativas  empresariais de innovación social dixital.

A Amtega e os tres Colexios Profesionais das TIC desenvolverán este ano máis dunha decena de actuacións no marco da Axenda Dixital 2020

A Amtega e os tres Colexios Profesionais das TIC desenvolverán este ano máis dunha decena de actuacións no marco da Axenda Dixital 2020

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia continúa a desenvolver as medidas previstas na Axenda Dixital de Galicia 2020 en colaboración cos axentes do sector.

Mar Pereira destaca entre as prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020 as iniciativas innovadoras en sectores estratéxicos da economía

Mar Pereira destaca entre as prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020 as iniciativas innovadoras en sectores estratéxicos da economía

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou como obxectivos principais da Axenda Dixital de Galicia 2020 consolidar a dixitalización dos servizos públicos, dinamizar a economía e promover a inclusión dixital da sociedade nun clima de confianza no uso dos servizos dixitais. A responsable autonómica clausurou hoxe a Xornada Dixitalización da Empresa Galega. Onde nos atopamos e cara onde imos?", organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

A Xunta organiza unha xornada formativa sobre a xestión online a través da Sede Electrónica para o Sector Madereiro

A Xunta organiza unha xornada formativa sobre a xestión online a través da Sede Electrónica para o Sector Madereiro

A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ofrecen aos empresarios do sector da madeira unha xornada formativa para facilitarlles a xestións online a través da sede electrónica da Xunta, tras a publicación no  DOG o pasado xoves,   26 de abril da Orde  

Os polígonos industriais de As Pontes e Cerceda xa dispoñen de acceso a internet de ata 350 mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Os polígonos industriais de As Pontes e Cerceda xa dispoñen de acceso a internet de ata 350 mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Un total de 40 empresas localizadas nos  parques empresariais de O Acevedo en Cerceda e da Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, dispoñen xa de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps. Son dúas das 81 das superficies empresariais de toda Galicia que se beneficiarán do Plan de Banda Larga 2020, impulsado pola Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.