A Amtega e a Universidade Sénior da Coruña achegan ás persoas maiores as vantaxes dos servizos dixitais a través da rede CeMIT

A Amtega e a Universidade Sénior da Coruña achegan ás persoas maiores as vantaxes dos servizos dixitais a través da rede CeMIT

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Universidade Sénior da Coruña colaboran no marco do Plan Dixital  de Galicia nun itinerario formativo destinado á capacitación dixital de persoas maiores de 50 anos.

A Amtega e Red.es organizan un seminario sobre o procedemento para formar parte do rexistro de asesores dixitais da entidade estatal

A Amtega e Red.es organizan un seminario sobre o procedemento para formar parte do rexistro de asesores dixitais da entidade estatal

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)  acolle, o día 13 de abril, un seminario práctico (https://cdtic.xunta.gal/asesores-dixitais) para mostrarlles ás pemes como solicitar a súa inscrición no Rexistro de Asesores Dixitais de Red.es.

Máis de 330.000 galegos de 258 concellos terán acceso a internet de redes ultrarrápidas en 2020

Máis de 330.000 galegos de 258 concellos terán acceso a internet de redes ultrarrápidas en 2020

 

En 2020 máis de 330.000 galegos de 258 concellos terán acceso a redes ultrarrápidas, grazas ás iniciativas da Xunta e do Estado. O Plan de Banda Larga de Galicia, cun investimento de 14,2 millóns de euros, facilitará o acceso a redes de máis de 100Mbps a 74.400 galegos de núcleos de menos de 300 habitantes. As 258.000 persoas restantes beneficiaranse das medidas do Estado para chegar a núcleos de maior tamaño, cun investimento público de 21 millón de euros.  

A Amtega e Orange comezan este xoves unha nova edición da iniciativa de capacitación dixital “Ao lado dos nosos maiores”

A Amtega e Orange comezan este xoves unha nova edición da iniciativa de capacitación dixital “Ao lado dos nosos maiores”

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co operador de telecomunicacións Orange, organizan un ano máis a iniciativa “Ao lado dos nosos maiores”, un ciclo formativo sobre o uso de dispositivos móbiles. Serán un total de 17 talleres prácticos e gratuítos de dúas sesións de dúas horas de duración, que se realizarán de forma presencial entre o xoves 19 de abril e o mércores 27 de xuño en diversas localidades da Rede de aulas CeMIT de Galicia.

A Xunta pon en marcha un Plan de formación sobre administración dixital e protección de datos para os empregados públicos

A Xunta pon en marcha un Plan de formación sobre administración dixital e protección de datos para os empregados públicos

 

O proceso de transformación dixital no que está inmersa a Administración autonómica require dun acompañamento formativo para os empregados públicos. No marco do Plan de Goberno e Administración dixital 2020 ponse en marcha un Plan Formativo sobre aspectos chave da dixitalización e a protección de datos.

A Xunta trasládalle ao Clúster do Turismo que o Plan de Banda Larga mellorará a cobertura de internet en núcleos de 181 concellos

A Xunta trasládalle ao Clúster do Turismo que o Plan de Banda Larga mellorará a cobertura de internet en núcleos de 181 concellos

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantiveron esta semana unha xuntanza de traballo cos representantes do Clúster de Turismo galego na que abordaron diferentes asuntos, entre eles, as melloras de conectividade previstas pola Xunta e o Estado e das que se beneficiarán diferentes puntos turísticos.

Conde destaca que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo para resolver os retos da dixitalización da economía

Conde destaca que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo para resolver os retos da dixitalización da economía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe durante o acto de clausura da segunda edición e apertura da nova convocatoria de Vodafone Connecting for Good Galicia, que se celebrou na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo galego para resolver os novos retos económicos que están marcados pola dixitalización.

O programa ‘Connecting for Good Galicia’ outorga 35.000 euros aos mellores proxectos innovadores da súa segunda edición

O programa ‘Connecting for Good Galicia’ outorga 35.000 euros aos mellores proxectos innovadores da súa segunda edición

 

O programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ concedeu hoxe 35.000 euros aos mellores proxectos tecnolóxicos da súa convocatoria 2017. Estes recoñecementos foron outorgados no acto de clausura da segunda edición do programa, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura, nunha xornada na que participado o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Francisco Conde; a directora da Amtega, Mar Pereira; o director de Administracións Públicas de Vodafone, Carlos Becker; e do director xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno.

O Goberno galego promove unha maior participación das mulleres no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación

O Goberno galego promove unha maior participación das mulleres no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación

A Xunta promove unha maior participación das mulleres no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación, xa que hoxe se celebra a nivel internacional o Día Internacional das Mulleres nas TIC. Este acto ten como obxectivo dar visibilidade ás mulleres emprendedoras neste eido e ofrecerlle un espazo de intercambio e comunicación, no que participan 17 centros de toda Galicia e máis de 700 estudantes

A Amtega e os Clusters TIC e do eido audiovisual presentan o 2 de maio o plan para impulsar os contidos dixitais en Galicia

A Amtega e os Clusters TIC e do eido audiovisual presentan o 2 de maio o plan para impulsar os contidos dixitais en Galicia

A Sala Eiseman da Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 2 de maio a presentación do Plan DICO Mindset de impulso aos contidos dixitais aos axentes implicados. Esta estratexia, elaborada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster TIC e co Clúster Audiovisual galego busca posicionar a Galicia neste ámbito, axudando ás empresas de contidos a transformase dixitalmente para competir.