Os polígonos industriais de Noia, Padrón e Melide xa dispoñen de acceso a internet de ata 350 mbps grazas ao Plan de banda larga da Xunta

Os polígonos industriais de Noia, Padrón e Melide xa dispoñen de acceso a internet de ata 350 mbps grazas ao Plan de banda larga da Xunta

 

As máis de 70 empresas localizadas entre o Polígono Industrial Agualevada (Noia), o Polígono Industrial de Cortizo (Padrón) e o Parque Empresarial da Madanela (Melide) contan xa con acceso a Internet de ata 350Mbps. Son tres das 81 das superficies empresariais de toda Galicia que se beneficiarán do Plan de Banda Larga 2020, impulsado pola Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.

O CDTIC da Amtega organiza o 4 de abril unha xornada sobre o almacenamento masivo de datos coa plataforma de código aberto Ceph

O CDTIC da Amtega organiza o 4 de abril unha xornada sobre o almacenamento masivo de datos coa plataforma de código aberto Ceph

 

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle, o día 4 de abril, unha xornada que leva por título “Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos no teu CPD” (https://cdtic.xunta.gal/ceph) e que se desenvolverá nas súas instalacións de Santiago de Compostela de 9.30 a 14.00 horas.

A Amtega, Orange e a EOI presentan o vindeiro 3 de abril o programa formativo “Sé + Digital”

A Amtega, Orange e a EOI presentan o vindeiro 3 de abril o programa formativo “Sé + Digital”

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co operador Orange como aliado dixital do Plan de Inclusión, e coa Escola de Organización Industrial (EOI), organiza o próximo día 3 abril a xornada de presentación do programa "Sé+Digital”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia a través de videoconferencia a 11 aulas CeMIT en horario de 12.30  a 13.30 horas.

“Sé+Digital”, un programa para mellorar profesionalmente

Os dous polígonos industriais de Allariz contan xa con acceso a internet de ata 350mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Os dous polígonos industriais de Allariz contan xa con acceso a internet de ata 350mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

 

As 45 empresas do Parque Empresarial de Chorente e do Polígono Industrial de Roiriz dispoñen de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps, grazas a unha das actuacións do Plan de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.

A Amtega e a Universidade Sénior da Coruña achegan ás persoas maiores as vantaxes dos servizos dixitais a través da rede CeMIT

A Amtega e a Universidade Sénior da Coruña achegan ás persoas maiores as vantaxes dos servizos dixitais a través da rede CeMIT

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Universidade Sénior da Coruña colaboran no marco do Plan Dixital  de Galicia nun itinerario formativo destinado á capacitación dixital de persoas maiores de 50 anos.

A Amtega e Red.es organizan un seminario sobre o procedemento para formar parte do rexistro de asesores dixitais da entidade estatal

A Amtega e Red.es organizan un seminario sobre o procedemento para formar parte do rexistro de asesores dixitais da entidade estatal

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)  acolle, o día 13 de abril, un seminario práctico (https://cdtic.xunta.gal/asesores-dixitais) para mostrarlles ás pemes como solicitar a súa inscrición no Rexistro de Asesores Dixitais de Red.es.

Máis de 330.000 galegos de 258 concellos terán acceso a internet de redes ultrarrápidas en 2020

Máis de 330.000 galegos de 258 concellos terán acceso a internet de redes ultrarrápidas en 2020

 

En 2020 máis de 330.000 galegos de 258 concellos terán acceso a redes ultrarrápidas, grazas ás iniciativas da Xunta e do Estado. O Plan de Banda Larga de Galicia, cun investimento de 14,2 millóns de euros, facilitará o acceso a redes de máis de 100Mbps a 74.400 galegos de núcleos de menos de 300 habitantes. As 258.000 persoas restantes beneficiaranse das medidas do Estado para chegar a núcleos de maior tamaño, cun investimento público de 21 millón de euros.  

A Amtega e Orange comezan este xoves unha nova edición da iniciativa de capacitación dixital “Ao lado dos nosos maiores”

A Amtega e Orange comezan este xoves unha nova edición da iniciativa de capacitación dixital “Ao lado dos nosos maiores”

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co operador de telecomunicacións Orange, organizan un ano máis a iniciativa “Ao lado dos nosos maiores”, un ciclo formativo sobre o uso de dispositivos móbiles. Serán un total de 17 talleres prácticos e gratuítos de dúas sesións de dúas horas de duración, que se realizarán de forma presencial entre o xoves 19 de abril e o mércores 27 de xuño en diversas localidades da Rede de aulas CeMIT de Galicia.

A Xunta pon en marcha un Plan de formación sobre administración dixital e protección de datos para os empregados públicos

A Xunta pon en marcha un Plan de formación sobre administración dixital e protección de datos para os empregados públicos

 

O proceso de transformación dixital no que está inmersa a Administración autonómica require dun acompañamento formativo para os empregados públicos. No marco do Plan de Goberno e Administración dixital 2020 ponse en marcha un Plan Formativo sobre aspectos chave da dixitalización e a protección de datos.