A Secretaria Xeral de Modernización reuniuse hoxe con novo presidente do Clúster TIC de Galicia

Luns 14 de Novembro de 2011

A Secretaria Xeral de Modernización reuniuse hoxe con novo presidente do Clúster TIC de Galicia

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu hoxe a novo presidente do Cluster TIC Galicia, Gerardo Crespo, nunha primeira toma de contacto tras a recente renovación do equipo directivo.

Crespo trasladou á secretaria xeral que o Cluster TIC galego inicia unha nova etapa de unidade na que a nova directiva considera prioritario continuar na senda de colaboración que viña mantendo coa Xunta de Galicia e, concretamente, coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

O presidente do Cluster informou á responsable de Modernización da composición do novo comité estratéxico e do novo comité de dirección. Gerardo Crespo salientou que ambos órganos traballan xa “para reforzar a entidade e impulsar o seu papel aglutinador do sector tecnolóxico galego”.

Mar Pereira e Gerardo Crespo coincidiron en que o Cluster debe un instrumento útil para os empresarios, apoiado por eles, e que serva para fortalecer o sector e mellorar a súa competitividade. Pola súa banda, Crespo incidiu en que o Cluster “non é unha estrutura da Administración senón unha entidade independente e que son os propios empresarios os que deben apostar pola ela, aunando esforzos e apostando pola cooperación, aínda que cada un teña os seus lexítimos intereses”.

Sobre o Cluster TIC Galicia
O Cluster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro destinada a vertebrar o macro-sector galego das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, un ámbito de actividade que representa o 2,15% do PIB da Comunidade Autónoma e 16.000 empregos directos. O Cluster traballa para poñer en valor o macro-sector TIC, impulsando a colaboración entre as empresas, coordinando os esforzos dos diferentes axentes para o impulso da innovación, a competitividade, a saída a novos mercados e a cooperación coas administracións e institucións. Actualmente, conta con máis de 60 membros: empresas, asociacións empresariais e colexios e asociacións profesionais.