Promoción, comercialización e fidelización dos viaxeiros
Este eixo abrangue as medidas para a axudar a consolidar e mellorar o posicionamento e venda de produtos que compoñen a oferta turística de Galicia. Inclúe a implantación dun metabuscador que permite capturar a información de produtos e paquetes turísticos que o sector galego publica en portais de referencia para integralos no portal de turismo de Galicia.