Plan de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia
O Servizo Público de Emprego de Galicia está a desenvolver un conxunto de medidas que buscan un maior achegamento coa poboación demandante de emprego e as empresas galegas e, ao mesmo tempo, que ese achegamento implique o menor impacto ambiental posible.
O novo modelo sanitario chega da man da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no sector da saúde, con fin de posibilitar a resolución de problemas complexos, de xeito áxil e seguro.
No ámbito sanitario interveñen cidadanía e profesionais de diferentes niveis asistenciais, afeitos a empregar as TIC, que permiten salvar barreiras xeográficas, achegando ata a poboación a asistencia sanitaria e permitindo que diferentes profesionais da saúde poidan compartir coñecementos desde onde estean.
O Plan de sistemas TIC da Administración de Xustiza en Galicia
A modernización da xustiza, ademais de estar avalada polos representantes políticos, é tamén unha aspiración dos distintos colectivos profesionais que se encargan do funcionamento diario de xulgados e tribunais, e vén a constituír unha prioridade das distintas organizacións que teñen atribuídas responsabilidades no seu goberno e funcionamento.
Plan eConcellos nace co obxectivo de colaborar na modernización das administracións locais galegas mediante a coordinación entre estas e as administracións autonómicas para:
O termo “seguridade da información” implica a preocupación pola confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos, independentemente da forma que estes adquiran (electrónica, impresa, oral...). Protexer a información non só é un requisito de servizo, senón que tamén é un requisito ético e legal.
A continuación móstrase a lexislación autonómica referida á administración electrónica:
Decreto 74/2015, do 13 de maio, polo que se regula a organización da presenza na internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia baixo o dominio de nivel superior .gal.
Rede CemitA Rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020. |
Os obxectivos da Rede CeMIT son compartidos con outras entidades nun interese común de fomentar a dinamización socioeconómica da cidadanía galega na sociedade da información e o coñecemento.
Por tal motivo facilítase a colaboración directa destas entidades coa Rede CeMIT, mediante o intercambio de información e experiencias que conduza á creación de sinerxías, optimizando todos os recursos dispoñibles.