Guía de recomendacións para a introdución de infraestruturas de telecomunicación en plans urbanísticos municipais
Trátase dunha guía de recomendacións destinadas aos Concellos para facilitar a adaptación dos plans urbanísticos municipais á nova normativa sectorial de telecomunicacións.
Este documento foi elaborado como consecuencia do establecido na Lei 9/2014, de 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións, queesixe a contemplación das infraestruturas de telecomunicacións nos plans urbanísticos municipais como calquera outro servizo de interese xeral.