Oficina do Plan de Banda Larga
A Oficina do Plan de Banda Larga é un recurso posto en marcha pola Xunta de Galicia que conta cos seguintes servizos.
A Oficina do Plan de Banda Larga é un recurso posto en marcha pola Xunta de Galicia que conta cos seguintes servizos.
A Oficina Concellos AETG é un recurso posto en marcha no marco do Convenio de colaboración para o desenvolvemento da sociedade da información firmado entre a Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG).
A Xunta de Galicia, no marco do Plan de Banda Larga 2020, concedeu en xullo de 2016 unha convocatoria de axudas ao operador R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A destinada a despregar redes de banda larga ultrarrápida de máis de 100Mbps nos polígonos industriais que non contan con cobertura nin previsión de tela.
Estes despregamentos contarán cunha inversión pública de 3,4 millóns de euros no período 2016-2018 e xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros.
O Consello da Xunta aprobou no mes de abril de 2013 o Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais. Dotado cun orzamento de 19,7 millóns de euros en cinco anos é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións de máis de 1,6 millóns de galegos.
Galicia está inmersa nun proceso de modernización para o cal, o desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicacións supón un factor clave.
Neste senso, para unha transformación homoxénea e global, é preciso crear unha contorna favorable na que se promova e impulse o despregamento das redes de banda larga en todo o territorio como base fundamental para a modernización, o crecemento e a innovación da Comunidade.
Coa aprobación da Lei 3/2013 Galicia convértese na primeira comunidade de España en apostar por unha iniciativa desta envergadura, que complementa a normativa estatal e evita a duplicidade de esforzos e investimentos nas administracións.
Este decreto desenvolve parcialmente o artigo 10 da Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicación de Galicia que establece que os proxectos de obra pública promovidos polas Administracións Públicas da Comunidade deberán prever a instalación de canalizacións, así como, a reserva de espazos axeitados para equipamentos de telecomunicacións e para localizacións de radiocomunicacións.
Este decreto desenvolve o disposto no artigo 9 da Lei 3/2013, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, sobre a determinación dos requisitos comúns de deseño para asegurar que as infraestruturas de telecomunicacións dos edificios da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia ofrezan un axeitado nivel de calidade e fiabilidade, implantación e certificación.
Trátase dunha guía de recomendacións destinadas aos Concellos para facilitar a adaptación dos plans urbanísticos municipais á nova normativa sectorial de telecomunicacións.
Este documento foi elaborado como consecuencia do establecido na Lei 9/2014, de 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións, queesixe a contemplación das infraestruturas de telecomunicacións nos plans urbanísticos municipais como calquera outro servizo de interese xeral.
A Xunta de Galicia levou a cabo o Plan de banda larga de Galicia 2013 co que se conseguiu posicionar á Comunidade como unha das primeiras rexións europeas que abordou unha estratexia integral para o despregamento de infraestruturas de telecomunicacións.
As metas establecidas no Plan eran: