Sede electrónica da Xunta de Galicia
Sede electrónica da Xunta de Galicia |
|
Sede electrónica da Xunta de Galicia |
|
Chave365 |
|
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, entidade instrumental do sector público autonómico é creada polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, (modificado polo decreto 9/2021, do 21 de xaneiro de 2021) ten como obxectivos básicos a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no terreo das tecnoloxías da información e comunicación e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
A continuación recóllense a relación de órganos colexiados adscritos á Axencia para a Modernización Tecnoóxica de Galicia. Facendo click sobre cada un deles pode encontrar a información sobre a súa composición e as normas polas cales se rexen.
Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
Composición do órgano colexiado
a) Presidente/a: a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Vogais:
Composición do órgano colexiado
a) Presidencia: quen posúa a titularidade da dirección da entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica.
b) Vogais:
Composición do órgano colexiado
a) A persoa que posúa a titularidade da área encargada das directrices e estándares de seguridade da información, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a presidencia.
b) A persoa que posúa a titularidade do departamento encargado da definición das directrices e estándares de seguridade da información, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a vicepresidencia.
Composición do órgano colexiado
a) A persoa que posúa a titularidade da área con competencias en modernización tecnolóxica na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a presidencia.
b) A persoa que posúa a titularidade do departamento encargado do desenvolvemento da administración electrónica na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a vicepresidencia.
Composición do órgano colexiado
a) A persoa que posúa a titularidade da área encargada da modernización das administracións públicas na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a presidencia.
b) A persoa que posúa a titularidade do departamento encargado do desenvolvemento da administración electrónica na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a vicepresidencia.
Atendendo ao sinalado na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ten adscrita a sociedade mercantil pública autonómica Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., segundo o determinado na Disposición adicional décima do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.