A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas do programa estatal ÚNICO para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en edificios dirixidas a comunidades de propietarios e corporacións locais. As solicitudes, que poderán cubrir o 100% da actuación, poderán ser solicitadas desde mañá e ata o 16 de setembro.
A Xunta de Galicia destinará 12,57 millóns de euros a equipamentos informáticos para centros educativos no marco do proxecto Abalar-Edixgal. A través da fórmula de acordo marco, esta actuación permitirá mellorar e actualizar e educación dixital con novas impresoras láser, armarios de carga de equipos portátiles, servidores do sistema Abalar, ordenadores de sobremesa avanzados e dispositivos de carga.
Cada un deste lotes contará cun provedor, ao que se poderá recorrer a través de contratos derivados durante os vindeiros tres anos, en función das necesidades.
A Xunta está a pilotar a aplicación de tecnoloxías de automatización robótica de procesos (RPA) ao rexistro das autopsias no INE, un trámite que realizan mensualmente os forenses do Imelga. A automatización desta tarefa evitará aos forenses ter que mecanizar manualmente os datos de arredor de 2.100 persoas cada ano.
Como paso previo á contratación pública que se desenvolverá nunha seguinte fase, considérase de interese promover un procedemento de consulta preliminar ao mercado a modo de convocatoria aberta de propostas de prestación de servizos, como medio para identificar servizos e liñas de traballo de interese para dar resposta aos obxectivos e competencias desta Axencia.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presidiu esta semana unha nova reunión do Consello Técnico Asesor en intelixencia artificial e espazo de datos do Sistema Público de Saúde de Galicia que analizou o contido do anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial que vén de presentar a Xunta.
O Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga), da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, xa conta cunha nova ferramenta que facilita as consultas sobre as estatísticas de dixitalización que publica periodicamente a través de informes e estudos para a avaliar a penetración das tecnoloxías na Comunidade.
A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario O
Baixo o título "A Aventura que me Espera: Descubrindo a Ciencia e a Tecnoloxía", o GaiásTech acollerá o vindeiro 27 de setembro una xornada sobre os diferentes roles laborais que combinan a ciencia e a tecnoloxía.