A Xunta destaca que a posta en marcha do Centro de Excelencia Ciberseguridade en Ourense permitirá á comunidade manterse á vangarda no desenvolvemento desta tecnoloxía

A Xunta destaca que a posta en marcha do Centro de Excelencia Ciberseguridade en Ourense permitirá á comunidade manterse á vangarda no desenvolvemento desta tecnoloxía

O futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA), que terá a súa sede na Tecnópole de Ourense, converterá á provincia nun referente en ciberseguridade e permitirá á Comunidade manter a dianteira na innovación e desenvolvemento desta tecnoloxía.

A Xunta aposta pola formación dos empregados públicos en materia de protección de datos para garantir unha administración máis segura

A Xunta aposta pola formación dos empregados públicos en materia de protección de datos para garantir unha administración máis segura

Un total de 70 persoas empregadas públicas participan dende hoxe na terceira edición do Curso superior en protección de datos, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Nodo CIBER.gal.

O curso foi inaugurado esta tarde pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; e o director da acción formativa, Gustavo Herva Iglesias.

Máis de 400 persoas participaron nos obradoiros itinerantes do “Enredando Tour” organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella

Máis de 400 persoas participaron nos obradoiros itinerantes do “Enredando Tour” organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella

A iniciativa  “Enredando Tour”, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (

Sete de cada dez galegos maiores de 65 anos navegan por internet

Sete de cada dez galegos maiores de 65 anos navegan por internet

Preto do 70% dos galegos e galegas de máis de 65 anos empregan internet o que supón un incremento dun 10% no último ano. Un crecemento sostido que supuxo que máis 54.300 persoas maiores de 65 anos se incorporasen a o uso da rede entre 2021 e 2023. Un dato relevante na dixitalización da sociedade galega, na que as persoas deste colectivo anos representan máis da cuarta parte da poboación.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica publica no repositorio de Software Libre da Xunta o código fonte do MapaTIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica publica no repositorio de Software Libre da Xunta o código fonte do MapaTIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de publicar no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia (https://eira.mancomun.gal) o código fonte do Mapa de capacidades dixitais de Galicia (MapaTIC) baixo licenza libre. Esta liberación facilita a súa reutilización por parte doutras administracións, con iniciativas similares, dun portal web que achega a oferta de solucións TIC aos posibles demandantes das mesmas.

A Xunta convoca a IV edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’ e obradoiros para concienciar a escolares sobre o uso seguro das redes

A Xunta convoca a IV edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’ e obradoiros para concienciar a escolares sobre o uso seguro das redes

A Xunta convocou a cuarta edición do concurso Ciberseguridade no Cole, no que poderá participar alumnado de 4º e 5º de Primaria e 1º e 2º da ESO dos centros educativos de Galicia. A actividade está enmarcada na celebración do IV Encontro Galego de Ciberseguridade o os organizadores agardan superar a cifra de 6.000 participantes do ano pasado.

A Xunta avanza na automatización intelixente dos procedementos administrativos co uso da robótica e a intelixencia artificial en máis de 30 pilotos en marcha

A Xunta avanza na automatización intelixente dos procedementos administrativos co uso da robótica e a intelixencia artificial en máis de 30 pilotos en marcha

A Xunta de Galicia está a aplicar tecnoloxías de robotización e intelixencia artificial aos seus procedementos administrativos para incrementar a eficiencia na xestión, liberando aos empregados públicos de realizar tarefas repetitivas como a revisión de grandes volumes de datos e procesos recorrentes, de xeito que se poidan dedicar a tarefas de maior valor engadido.