A Xunta presenta ao director da AESIA a aposta de Galicia pola intelixencia artificial e o texto da lei que se discutirá proximamente no Parlamento

A Xunta presenta ao director da AESIA a aposta de Galicia pola intelixencia artificial e o texto da lei que se discutirá proximamente no Parlamento

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, reuniuse está mañá co novo director da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial, Ignasi Belda, ao que trasladou a benvida por parte da Administración autonómica e ofreceu colaboración.

A Xunta pon en marcha a IX edición do programa Scratch Day para achegar a linguaxe de programación aos máis novos dun xeito lúdico

A Xunta pon en marcha a IX edición do programa Scratch Day para achegar a linguaxe de programación aos máis novos dun xeito lúdico

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG),  organiza un ano máis o Programa Scratch Day que celebra este ano a súa IX edición. A iniciativa busca derrubar mitos en torno á programación informática e espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM desde idades temperás.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors achegan a banca dixital ás persoas maiores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors achegan a banca dixital ás persoas maiores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) poñen en marcha unha nova edición do programa formativo para achegar o uso da banca online ás persoas maiores. A primeira das cinco xornadas previstas comeza mañá na aula CeMIT de Arzúa. O ciclo formativo continuará ata mediados de outubro nas de Vilar de Santos, Leiro, A Estrada e Vigo.

O GaiásTech consolídase como centro de referencia das tecnoloxías innovadoras e escaparate para empresas TIC

O GaiásTech consolídase como centro de referencia das tecnoloxías innovadoras e escaparate para empresas TIC

O GaiásTech consolídase como centro de referencia das tecnoloxías innovadoras e escaparate para as empresas TIC, ás que ofrece unha ampla carteira de servizos e actividades de balde a través das que poden presentar e difundir as súas solucións innovadoras, conectar con outros axentes do ecosistema tecnolóxico e manterse á vangarda nunha contorna dixital en constante evolución.

A Xunta incentiva vocacións tecnolóxicas entre as nenas e impulsa a tecnoloxía no rural

A Xunta incentiva vocacións tecnolóxicas entre as nenas e impulsa a tecnoloxía no rural

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, deu hoxe a benvida ás alumnas e alumnos do obradoiro Girl STEAM da aula CeMIT de Guitiriz organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).

A Memoria Dixital de Galicia pon a disposición da cidadanía máis de 600.000 documentos e máis de 9 millóns de fotografías

A Memoria Dixital de Galicia pon a disposición da cidadanía máis de 600.000 documentos e máis de 9 millóns de fotografías

Máis de 600.000 obxectos dixitais, entre os que se atopan todo tipo de documentos e publicacións, así como máis de 9 millóns de fotografías, poden ser consultados na Biblioteca Dixital de Galicia Galiciana. Ademais, un total de 40 arquivos municipais teñen acceso ao sistema de xestión de documentos no marco do proxecto de Patrimonio Dixital de Galicia.

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa Tech Kids para impulsar o talento dixital da rapazada

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa Tech Kids para impulsar o talento dixital da rapazada

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), pon en marcha unha nova edición do programa

A contratación de internet crece en tres anos máis dun 20% nos concellos galegos de menos de 5000 habitantes

A contratación de internet crece en tres anos máis dun 20% nos concellos galegos de menos de 5000 habitantes

O 94,3% das familias galegas dispón de acceso a Internet no fogar. Entre 2020 e 2023, a porcentaxe de fogares galegos con conexión a Internet aumentou un 4,4%, mentres a media europea fíxoo no 2,3%. O aumento foi especialmente significativo nos concellos con menos de 5.000 habitantes, onde se produciu un crecemento do 20,5% neste mesmo período.