Máis de 350 empresas forman parte xa do Mapa de Capacidades TIC de Galicia que xestiona o centro GaiásTech da Cidade da Cultura.
Os avances na dixitalización reflíctense no uso dos servizos dixitais por parte da cidadanía. Nove de cada dez trámites coa Xunta realízanse de xeito electrónico, segundo se recolle no balance 2023 do III
A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas do programa estatal ÚNICO para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en edificios dirixidas a comunidades de propietarios e corporacións locais. As solicitudes, que poderán cubrir o 100% da actuación, poderán ser solicitadas desde mañá e ata o 16 de setembro.
A Xunta de Galicia destinará 12,57 millóns de euros a equipamentos informáticos para centros educativos no marco do proxecto Abalar-Edixgal. A través da fórmula de acordo marco, esta actuación permitirá mellorar e actualizar e educación dixital con novas impresoras láser, armarios de carga de equipos portátiles, servidores do sistema Abalar, ordenadores de sobremesa avanzados e dispositivos de carga.
Cada un deste lotes contará cun provedor, ao que se poderá recorrer a través de contratos derivados durante os vindeiros tres anos, en función das necesidades.
A Xunta está a pilotar a aplicación de tecnoloxías de automatización robótica de procesos (RPA) ao rexistro das autopsias no INE, un trámite que realizan mensualmente os forenses do Imelga. A automatización desta tarefa evitará aos forenses ter que mecanizar manualmente os datos de arredor de 2.100 persoas cada ano.
Como paso previo á contratación pública que se desenvolverá nunha seguinte fase, considérase de interese promover un procedemento de consulta preliminar ao mercado a modo de convocatoria aberta de propostas de prestación de servizos, como medio para identificar servizos e liñas de traballo de interese para dar resposta aos obxectivos e competencias desta Axencia.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presidiu esta semana unha nova reunión do Consello Técnico Asesor en intelixencia artificial e espazo de datos do Sistema Público de Saúde de Galicia que analizou o contido do anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial que vén de presentar a Xunta.
O Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga), da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, xa conta cunha nova ferramenta que facilita as consultas sobre as estatísticas de dixitalización que publica periodicamente a través de informes e estudos para a avaliar a penetración das tecnoloxías na Comunidade.