A Secretaria Xeral para o Turismo presentou hoxe en Portonovo as novas ferramentas para a promoción dos portos deportivos da asociación ASNAUGA

A Secretaria Xeral para o Turismo presentou hoxe en Portonovo as novas ferramentas para a promoción dos portos deportivos da asociación ASNAUGA

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o presidente da Asociación de Clubs Naúticos de Galicia, Francisco Javier Ruíz de Cortázar, presentou hoxe no Club náutico de Portonovo as novas ferramentas de promoción da Asociación de Clubs Náuticos Galegos (ASNAUGA), ademais de participar no acto de izado da bandeira Q de calidade turística desta instalación náutica.

O Instituto de Estudios Turísticos de Galicia implantará a finais deste mes sete paneis tactiles nas principais oficinas de turismo de Galicia que permitirán a explotación de datos de índole turística

O Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, pertencente á Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, implantará a finais deste mes de agosto un conxunto de sete paneis táctiles nas principais oficinas de Turismo de Galicia, as existentes nas catro capitais de provincia – A Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense – así como nas dependencias que Turismo de Galicia ten en Santiago, Vigo e Ferrol.

En menos de dous anos máis de 63.000 fogares galegos se deron de alta en Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

En menos de dous anos máis de 63.000 fogares galegos se deron de alta en Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

En menos de dous anos máis de 63.000 fogares galegos se deron de alta en servizos de Internet grazas ás actuacións do Plan de Banda Larga 2010-2013, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Galicia lidera o ránking español de coñecemento e uso das ferramentas e aplicacións de e-sanidade por parte da cidadanía

Galicia lidera o ránking español de coñecemento e uso das ferramentas e aplicacións de e-sanidade por parte da cidadanía

Galicia é a comunidade española cun maior nivel de coñecemento das ferramentas e aplicacións da e-sanidade, segundo os resultados dun informe elaborado polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (ONTSI) e recentemente publicado.

Un total de 73 empresas galegas foron preseleccionadas para acceder ás axudas do Ministerio de Industria para impulsar o uso das TIC no sector hoteleiro e de turismo rural

Un total de 73 empresas galegas foron preseleccionadas para acceder ás axudas do Ministerio de Industria para impulsar o uso das TIC no sector hoteleiro e de turismo rural

Un total de 73 empresas galegas foron preseleccionadas para acceder ao programa "Aloxamentos conectados", posto en marcha polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de red.es, e en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A iniciativa ten como obxectivo que as pemes hoteleiras e os aloxamentos de turismo rural da Comunidade Autónoma incorporen solucións tecnolóxicas para mellorar o seu negocio.

Vázquez Abad asina un convenio de colaboración coa Fundación Penzol para a dixitalización dos fondos bibliográficos e documentais

Vázquez Abad asina un convenio de colaboración coa Fundación Penzol para a dixitalización dos fondos bibliográficos e documentais

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, actuando na súa condición de Presidente do Padroado da Fundación Cidade da Cultura, e o presidente da Fundación Penzol, Alfoso Zulueta de Haz, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a conservación e difusión dos fondos bibliográficos e documentais da entidade a través da súa dixitalización.

O programa Voluntariado Dixital acadou en seis meses a adhesión de máis de 200 persoas voluntarias e 74 empresas, asociacións, concellos e organismos públicos

O programa Voluntariado Dixital acadou en seis meses a adhesión de máis de 200 persoas voluntarias e 74 empresas, asociacións, concellos e organismos públicos

Desde a posta en marcha o Programa Voluntariado Dixital, o 1 de febreiro, ata o 31 de xullo, un total de 42 entidades de acción voluntaria, 13 organismos colaboradores e 19 empresas do sector tecnolóxico asinaron os protocolos de colaboración nos que se establece a súa participación no Programa de Voluntariado Dixital.

A Sede Electrónica da Xunta xa ten dispoñibles preto de 440 procedementos para tramitar de xeito telemático

A Sede Electrónica da Xunta xa ten dispoñibles preto de 440 procedementos para tramitar de xeito telemático

A Xunta de Galicia vén desenvolvendo un conxunto de medidas a través da Axenda Dixital 2014.gal para avanzar cara unha Administración electrónica capaz de ofrecer a cidadáns e empresas uns servizos eficientes e próximos mediante o emprego das tecnoloxías da información. Para a acadar este obxectivo o Goberno galego, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, está a desenvolver desde mediados de 2010 o Plan de Modernización da Administración Pública.

A Xunta de Galicia ultima a posta en funcionamento do Portal do Investidor

A Xunta de Galicia ultima a posta en funcionamento do Portal do Investidor

A Xunta de Galicia ultima a posta en funcionamento do Portal do Investidor, unha ferramenta web que facilitará un aumento da transparencia en xeral coa cidadanía e en especial cos investidores de débeda pública, segundo explicou hoxe o director xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Facenda, Manuel Galdo.

Máis de 190 centros educativos comezarán o novo curso académico con conexións a internet con velocidades de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de 190 centros educativos comezarán o novo curso académico con conexións a internet con velocidades de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completará nas vindeiras semanas a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade en 4 centros educativos das provincias de Coruña, Pontevedra e Lugo, que se suman aos 187 centros aos que xa se lles facilitara o acceso a esta tecnoloxía no último ano.

A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.