PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida en 2019
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia puxo en marcha no ano 2017 unha liña de subvencións dentro do Plan de Banda Larga 2020, destinada a dotar de servizos de banda larga ultrarrápida de cando menos 30 Mbps a empresas situadas en zonas illadas do rural sen cobertura actual de redes de banda larga para estes servizos.
Estas subvencións cofináncianse nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Ao abeiro desta convocatoria, o 4 de xuño de 2019, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención a 51 empresas por unha contía de 588.098€ euros para o ano 2019.
Faise pública a relación de beneficiarios da subvención.
Ao abeiro desta convocatoria, o 5 de xullo de 2017, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención a 40 empresas por unha contía de 492.298 euros para o ano 2017.
Faise pública a relación de beneficiarios da subvención.
PR605A - Subvencións para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en Entidades singulares de poboación para o período 2018-2020.
Proxecto de “Extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020”
O Consello da Xunta de Galicia autorizou o 22 de marzo de 2018 a concesión a Telefónica de España S.A. da terceira liña de subvencións do Plan de Banda Larga 2020, destinada a despregar redes ultrarrápidas en entidades de poboación de menos de 300 habitantes que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo.
O 23 de marzo de 2018, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención, nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia, por unha contía de 14.200.000 euros no período 2018-2020.
Estas subvencións cofináncianse nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5% pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)
O proxecto subvencionado ao operador Telefónica de España, S.A. contempla despregamentos de redes de fibra óptica de última xeración en 614 núcleos rurais repartidos por 181 concellos das 4 provincias de Galicia, achegando así o acceso a internet cunhas velocidades de cando menos 100Mbps, a máis de 74.400 habitantes.
PR603A - Subvencións para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade para o período 2016-2018 en polígonos industriais.
Proxecto de “Extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia. cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)” no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
O Consello da Xunta de Galicia autorizou o 7 de xullo de 2016 a concesión a R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A. da primeira liña de subvencións do Plan de Banda Larga 2020, destinada a despregar redes ultrarrápidas nos polígonos industriais que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo.
O 11 de xullo de 2016, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención, nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia, por unha contía de 3.424.610,80 euros no período 2016-2018, que xerará un investimento total de 5.274.929,00 euros por parte da empresa beneficiaria da subvención.
Estas subvencións cofináncianse nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)
O proxecto subvencionado ao operador R contempla actuacións en 81 polígonos industriais que dende finais de 2018 teñen acceso a redes ultrarrápidas, a través de fibra óptica, cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 Mbps de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.