PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida en 2022
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia puxo en marcha no ano 2017 unha liña de subvencións dentro do Plan de Banda Larga 2020 , destinada a dotar de servizos de banda larga ultrarrápida de cando menos 30 Mbps a empresas situadas en zonas illadas do rural sen cobertura actual de redes de banda larga para estes servizos.
Estas subvencións cofináncianse nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Convocatoria 2022
616213 (BDNS) – PR604A (Xunta de Galicia)
Ao abeiro desta convocatoria, o 20 de xullo de 2022, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención a 30 empresas por unha contía de 323.568,02€ euros para o ano 2022.
Faise pública a relación de beneficiarios da subvención.
Convocatoria 2019
421644 (BDNS) – PR604A (Xunta de Galicia)
Ao abeiro desta convocatoria, o 4 de xuño de 2019, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención a 51 empresas por unha contía de 588.098€ euros para o ano 2019.
Faise pública a relación de beneficiarios da subvención.
Convocatoria 2017
335101 (BDNS) – PR604A (Xunta de Galicia)
Ao abeiro desta convocatoria, o 5 de xullo de 2017, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención a 40 empresas por unha contía de 492.298 euros para o ano 2017.
Faise pública a relación de beneficiarios da subvención.