AP400F - Subvencións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos para o período 2024 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU

AP400F - Subvencións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos para o período 2024 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU

O 23 de xullo de 2024 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha unha convocatoria da liña de axudas para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (AP400F).

Estas axudas están destinadas a PYMEs situadas en áreas de alta concentración empresarial (polígonos industriais, centros loxísticos, viveiros de empresas, parques tecnolóxicos,...) que precisen instalar unha rede de telecomunicacións de alta capacidade (1Gbps) no interior das súas dependencias.

A liña de axudas sufraga ata o 80% dos investimentos e gastos necesarios, o que inclúe infraestruturas e obra civil, equipamento, gastos de persoal propio (ata un máximo do 7% da cantidade subvencionable) e outros custos xerais ou indirectos imputables ao proxecto (ata o 15% dos custos directos de persoal propio subvencionable).

O prazo para a presentación das solicitudes é ata o 16 de setembro de 2024.

Estas medidas enmárcanse no investimento C15.I2 de «Accións de reforzo de conectividade en centros de referencia, motores socioeconómicos e proxectos tractores de dixitalización sectorial» do Compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.