PR603B - Subvencións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos para o período 2022-2023 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU

PR603B (Xunta de Galicia)   |  633269 (BDNS) 

O 30 de novembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a concesión a Telefónica de España, S.A.U. das subvencións destinadas a reforzar a conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, por unha contía total de 382.351,18 euros correspondente a dous liñas de actuación no período 2022-2023.

Trátase dunha liña de axudas a operadores enmarcada no investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Os proxectos subvencionados ao operador Telefónica de España, S.A.U. contemplan o reforzo da conectividade nun total 68 zonas empresariais de 31 concellos.

Faise pública a relación de zonas beneficiadas.

Zonas beneficiadas   |     Zonas beneficiadas.ods

Nota: pode localizar cada zona beneficiada co seu código de referencia de 23 caracteres no seguinte visor web:  webappviewer.