AP400C - Subvencións para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (Programa UNICO – Edificios) para o período 2024 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola

AP400C - Subvencións para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (Programa UNICO – Edificios) para o período 2024 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU

AP400C (Xunta de Galicia) | 778881 (BDNS)

O 7 de agosto de 2024 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha unha nova convocatoria da liña de axudas para a mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (AP400C).

Estas axudas están destinadas ás comunidades de propietarios e corporacións locais para a adaptación das infraestruturas de telecomunicacións das edificacións que non dispoñan dunha ICT (infraestrutura común de telecomunicacións) instalada ao amparo do Real Decreto-lei 1/1998 (edificacións concluídas antes do 1 de xaneiro de 2000).

A liña de axudas sufraga ata o 100% dos investimentos e gastos necesarios, o que inclúe a elaboración do proxecto, dirección de obra e certificación final, memorias e informes técnicos; ademais de todos os traballos vinculados á empresa instaladora. Se contemplan tres liñas de actuación, en función do equipamento a instalar, instalación completa, parcial ou adaptada exclusivamente á banda larga ultrarrápida.

O prazo para a presentación das solicitudes é ata o 16 de setembro de 2024.

Estas medidas enmárcanse no investimento C15.I4 «Renovación e sostibilidade de infraestruturas. Mellora do equipamiento que permite aloxar as infraestruturas de telecomunicacións situadas nos edificios para optimizar o despregamento de redes e acadar un menor consumo de enerxía» do Compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, (Programa UNICO – Edificios).

Convocatoria 2022-2023

AP400C - AP400D (Xunta de Galicia)   | 646334 (BDNS)

O 6 de setembro de 2022 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha unha liña de axudas para a mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (AP400C).

O 6 de xuño de 2023 publicouse no DOG a resolución pola que se dá publicidade á relación das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria.