AP400A - Subvencións do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social) para o período 2022-2024 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
AP400A (Xunta de Galicia) | 770581 (BDNS)
O 28 de xuño de 2024 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha a terceira convocatoria do programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2024.
Trátase dunha liña de axudas para a contratación ou mantemento de servizos de banda larga de cando menos 30Mbps nos fogares, a través de entidades colaboradoras, por importe total de 1,37 millóns de euros para o período 2022-2024.
Co bono dixital, o beneficiario contará cunha minoración mensual no servizo de banda larga contratado de ata 20 euros durante un período de ata 12 meses, chegando a acadar como máximo os 240 euros. O servizo de conexión deberá ser de como mínimo 30 Mbps de velocidade de baixada e facilitarase a través da tecnoloxía máis adecuada en cada caso a fin de respectar o principio de neutralidade tecnolóxica.
Esta medida enmárcanse no investimento C15.I3 de «Bonos dixitais para pemes e colectivos vulnerables» do Compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Entidades colaboradoras
Pódese consultar o listado de entidades na web Rexistro de operadores-colaboradores da Comunidade autónoma de Galicia para a xestión dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables | Amtega (xunta.gal)
Convocatoria 2022
AP400A – AP400B (Xunta de Galicia) | 644575 (BDNS)
O 17 de agosto de 2022 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha a primeira convocatoria do programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables.
Ao abeiro desta convocatoria, o 25 de abril de 2023, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención a 128 cidadáns por unha contía total de 30.720€ euros.
Convocatoria 2023
AP400A (Xunta de Galicia) | 708039 (BDNS)
O 18 de xullo de 2023 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha a segunda convocatoria do programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables.
Ao abeiro desta convocatoria, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención a un total de 750 cidadáns por unha contía total de 180.000€ euros.
Convocatoria 2024
AP400A (Xunta de Galicia) | 770581 (BDNS)
O 28 de xuño de 2024 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha a terceira convocatoria do programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables.
Ao abeiro desta convocatoria, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención a un total de 932 cidadáns por unha contía total de 223.680 €.
Faise pública a relación de beneficiarios dos Bonos Dixitais da convocatoria 2024.