PR608A - Subvención para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados para o período 2022-2023.

PR608A - Subvención para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados para o período 2022-2023.

Proxecto de “Extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020”

O Consello da Xunta de Galicia autorizou o 23 de decembro de 2021 a concesión a Vodafone España S.A. da subvención destinada a despregar redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados que carecen do servizo.

O 28 de decembro de 2021, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención, nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia, por unha contía de 3.718.383 euros no período 2022-2023.

Esta subvención cofináncianse nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5% pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)

O proxecto subvencionado ao operador Vodafone España S.A. contempla despregamentos de redes de telefonía móbil a máis de 7.000 habitantes en 290 poboacións de 65 concellos, nas que na actualidade non existe cobertura móbil.

Listado de entidades beneficiadas móbil

Listado de entidades beneficiadas mobil