PR603A - Subvencións para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade para o período 2016-2018 en polígonos industriais

PR603A - Subvencións para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade para o período 2016-2018 en polígonos industriais

SA.45332 (UE)303889 (BDNS)PR603A (Xunta de Galicia)

Proxecto de “Extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia. cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)” no marco do Programa de desenvolvemento  rural de Galicia 2014-2020

O Consello da Xunta de Galicia autorizou o 7 de xullo de 2016 a concesión a R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A. da primeira liña de subvencións do Plan de Banda Larga 2020 , destinada a despregar redes ultrarrápidas nos polígonos industriais que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo.

O 11 de xullo de 2016, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención, nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia, por unha contía de 3.424.610,80 euros no período 2016-2018, que xerará un investimento total de 5.274.929,00 euros por parte da empresa beneficiaria da subvención.

Estas subvencións cofináncianse nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desen­volvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)

O proxecto subvencionado ao operador R contempla actuacións en 81 polígonos industriais que dende finais de 2018 teñen acceso a redes ultrarrápidas, a través de fibra óptica, cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 Mbps de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Lista en PDF  Lista en ODS