Este documento foi elaborado no marco do Convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVIGO) para o desenvolvemento dun estudo sobre o Marco Ético-Normativo e o Potencial Impacto da Adopción da Intelixencia Artificial en Galicia e foi financiado mediante a Axuda á Recuperación para a Cohesión e os Territorios de Europa (REACT-EU).
Páxinas
Preséntase o “III Plan de Administración e Goberno Dixital. 2025” (en diante PAGD2025) co obxectivo de consolidar a capacidadade da administración pública de desenvolver a súa actividade e os servizos cara a cidadanía nunha contorna plenamente dixital, máis eficaz e eficiente para a resolución dos novos desafíos, que ofreza máis e mellores servizos, abordando o seu funcionamento baixo un enfoque centrado na cidadanía.
Este documento describe e presenta a dirección e a estratexia que a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) debe seguir na adopción de servizos de cloud computing (Computación na nube), que é un novo paradigma informático que permite ofrecer servizos de valor engadido adaptados as necesidades cambiantes do contexto actual, sendo unha tendencia global na xestión de infraestruturas informáticas.
A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan Galicia 5G, complementario ás medidas europeas e estatais, para posicionar á Comunidade como territorio preferente na fase de pilotaxe de solucións tecnolóxicas baseadas na tecnoloxía 5G, que será o paso previo ao despregamento destas redes.