Plan Galicia 5G

Plan Galicia 5G

A Xunta de Galicia aprobou, no seu Consello do 26 de xullo de 2018, o Plan Galicia 5G.

O Plan, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración cos axentes do ecosistema TIC galego, ten un dobre obxectivo: por unha banda, que Galicia sexa das primeiras rexións europeas en dispoñer de servizos 5G e, por outra, que o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en equipamento e software necesario para desenvolver posibles casos de uso desta tecnoloxía se localice en Galicia. Para conseguilo o Plan establece catro liñas de actuación con diferentes medidas facilitadoras.

primeira da liñas de actuación busca impulsar un despregamento máis áxil das redes de telecomunicación coa elaboración dun modelo de ordenanza municipal tipo, promovido pola Xunta e a Fegamp que harmonice a normativa municipal e facilite aos operadores axilizar os trámites relativos a estes. Ademais, definirase un catálogo de solucións técnicas válidas para contornas protexidas como os centros históricos ou os espazos naturais e porase en marcha unha oficina de asesoramento 5G a concellos.

segunda liña é a posta a en marcha do Nodo de cooperación rexional 5G, coordinado polo operador público RETEGAL e que abordará a análise de escenarios de uso e a realización de diferentes prototipos baseados nesta tecnoloxía, coa participación dos operadores, as empresas tecnolóxicas e os potenciais clientes das solucións.

terceira medida céntrase en situar a Galicia como rexión piloto do 5G co lanzamento, no período 2018-2019 das primeiras probas de concepto baseadas nesta tecnoloxía e desenvolveranse actuacións de difusión das vantaxes destas redes.

cuarta liña de actuación prevé a creación dun Plan de Formación Especializada 5G en colaboración coas universidades e os axentes do ecosistema 5G; liñas de financiamento orientadas a que as empresas con servizos ou produtos 5G poidan impulsar o seu crecemento, e a potenciación da demanda de servizos 5G pola propia Administración.

 

 

Plan Galicia 5G