Plans

Formulario de busca

Fondos

PlansPlans

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Estratexia Galega de Crecemento Dixital é a folla de ruta na que se establecen as liñas estratéxicas da política tecnolóxica do Goberno autonómico para o horizonte 2020. Esta estratexia está perfectamente aliñada coa RIS 3 de Galicia para establecer relacións sinérxicas entre elas e captar fondos europeos en proxectos tecnolóxicos para a Comunidade no novo período de financiamento 2014-2020.

A Xunta de Galicia, presentou, a través da Axencia de Turismo, o Plan Integral de Turismo de Galicia, desenvólvese cunha visión 2020, aliñado co Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014, coa Estratexia Europa 2020, así como cos documentos preparatorios da Estratexia de Especialización Intelixente Galega (RIS3), e establece liñas de acción concretas de 2014 ata o 2016. O Plan establécese e desenvólvese cunha visión a longo prazo, imprescindible para poder acadar un sector sólido e sostible no tempo. Esta visión xorde dun proceso de elaboración coa participación de todo o sector.

O Consello da Xunta aprobou no mes de abril de 2013 o Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais. Dotado cun orzamento de 19,7 millóns de euros en cinco anos é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións de máis de 1,6 millóns de galegos.

Sistema de Axuda a Explotación da mobilidade de Galicia liderado pola Xunta de Galicia, que permitirá ás empresas contratistas dos servizos públicos de transporte dispoñer do servizo de SAE sen necesidade de dotarse dun SAE local propio.

Páxinas