O presidente da Xunta destaca a mellora do CEIN de DXC Technology como proba da aposta de Galicia pola intelixencia artificial da man do talento e da iniciativa privada

O presidente da Xunta destaca a mellora do CEIN de DXC Technology como proba da aposta de Galicia pola intelixencia artificial da man do talento e da iniciativa privada


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a mellora do Centro de Excelencia de Intelixencia de Negocio (CEIN) como proba da aposta de Galicia pola intelixencia artificial da man do talento e da iniciativa privada. Na inauguración das novas instalacións da compañía de DXC Technology, resaltou que a consolidación e expansión do centro, que pasou en seis anos de 50 a 150 traballadores, demostra que Galicia é un referente no eido da tecnoloxía de vangarda e da analítica de datos.

A Xunta abre o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a colectivos vulnerables

A Xunta abre o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a colectivos vulnerables


Diario Oficial de Galicia publica hoxe o listado das entidades colaboradoras que participarán na xestión dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables, polo que dende mañá os cidadáns interesados poderán solicitar os bonos.

Os galegos e galegas de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso de internet e do comercio electrónico

Os galegos e galegas de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso de internet e do comercio electrónico


A totalidade dos galegos de 16 a 34 anos empregan Internet e superan a media estatal no uso habitual da rede  e nas compras online. O incremento máis significativo no último ano rexistrouse no colectivo de persoas con máis dificultades de acceso a tecnoloxía. Os usuarios e usuarias de internet de entre 65 aos 74 anos acadaron o 70,5 % en Galicia, tras subir nos últimos 12 meses un 8,5 %, o dobre que a media estatal (+4,2 %).

A Xunta destaca a implicación de toda Galicia e o traballo coordinado do nodo como claves para a designación da Coruña para acoller a AESIA

A Xunta destaca a implicación de toda Galicia e o traballo coordinado do nodo como claves para a designación da Coruña para acoller a AESIA

 

A Xunta de Galicia destaca a implicación de toda a sociedade, as universidades, as administracións e os sectores de actividade, así como o traballo coordinado do nodo GalicIA, como claves para que A Coruña fose designada hoxe polo Consello de Ministros do Estado como sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial.

A Rede CeMIT conectará a preto de 1.000 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

A Rede CeMIT conectará a preto de 1.000 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia


 

Desde hoxe e ata o 21 de decembro  830 alumnos de educación infantil de 25 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Así, os escolares de Educación Infantil de Celanova e Sarreaus serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará hoxe luns 12 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.
 

A Xunta pon en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais coa Xornada Inaugural do plan de capacitación para o persoal formador na EGAP e na rede CeMIT

A Xunta pon en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais coa Xornada Inaugural do plan de capacitación para o persoal formador na EGAP e na rede CeMIT

Máis dun centenar de formadores e formadoras na EGAP e da Rede CeMIT participaron hoxe na Xornada  inaugural do Marco Galego de Competencias Dixitais celebrada no Edificio Fontán na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e retransmitida en streaming para facilitar a participación de todas as persoas interesadas.

A primeira Asemblea Xeral do Nodo CIBER.gal fai balance das actuacións e avanza novas iniciativas dirixidas ás administracións públicas e empresas

A primeira Asemblea Xeral do Nodo CIBER.gal fai balance das actuacións e avanza novas iniciativas dirixidas ás administracións públicas e empresas


Preto de 50 persoas en representación de entidades dos sectores tecnolóxico, da investigación, do coñecemento, da industria e de organizacións públicas referentes en ciberseguridade en España coma o Centro Criptolóxico Nacional, xuntáronse esta semana para celebrar a I Asemblea Xeral do Nodo Galego de Ciberseguridade.

Na mesma, o Nodo CIBER.gal puxo en valor o esforzo e cooperación de todas as entidades que se enmarcan no ecosistema creado na súa contorna, pois son a chave do éxito acadado en todas e cada unha das iniciativas celebradas e executadas no contexto de CIBER.gal.

Máis de 6.200 persoas e preto de 700 empresas beneficiáronse das actividades do GaiásTech, o centro da Xunta para impulsar a transformación dixital

Máis de 6.200 persoas e preto de 700 empresas beneficiáronse das actividades do GaiásTech, o centro da Xunta para impulsar a transformación dixital


Máis de 6.200 persoas e preto 700 empresas beneficiáronse das actividades do centro GaiásTech en ano e medio. Desde a súa posta en marcha en xuño de 2021 e ata decembro de 2022, o Gaiástech organizou máis de 150 actividades. O Centro, situado na Cidade da Cultura de Galicia, concibiuse como un espazo para a demostración e experimentación en tecnoloxías avanzadas e de concentración do coñecemento ao servizo da transformación dixital das empresas, das administracións e da sociedade galega.

Unha recreación virtual de Galicia permitirá xestionar datos do territorio e facer predicións e simulacións con intelixencia artificial

Unha recreación virtual de Galicia permitirá xestionar datos do territorio e facer predicións e simulacións con intelixencia artificial


Unha recreación virtual de Galicia sobre unha base cartográfica, datos reais procedentes de sensores e outras fontes permitirá ás administracións e empresas realizar simulacións e probas e mellorar a prestación de servizos co uso de tecnoloxías de Intelixencia Artificial.