A sexta edición do Programa ¨Tecnólog@ por un día¨ ofrece máis de máis de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos
A sexta edición do Programa ¨Tecnólog@ por un día¨ ofrece máis de máis de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de lanzar unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que ofrece ao alumnado de 12 a 17 anos a oportunidade de compartir unha xornada de traballo nunha empresa tecnolóxica. O obxectivo da esta actividade é continuar mellorando a visión que os máis novos e novas teñen das profesións científico-tecnolóxicas.