O Gaiastech Cloud pon á disposición das empresas unha solución de ciberseguridade que axuda na avaliación da vulnerabilidade de sistemas informáticos
O Gaiastech Cloud pon á disposición das empresas unha solución de ciberseguridade que axuda na avaliación da vulnerabilidade de sistemas informáticos
O Centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou na súa web unha nova aplicación na nube dentro do GaiásTech Cloud, que xa está a disposición das empresas e das persoas usuarias para a súa proba e avaliación. Trátase de OpenVAS (Open Vulnerability Assessment System) que, como o seu nome indica, é un software que axuda na avaliación de vulnerabilidades dun sistema informático.