Guía práctica para a xestión da intelixencia artificial nas Administracións públicas
A intelixencia artificial é unha tecnoloxía disruptiva que ten a capacidade de xerar un impacto significativo en diversos aspectos da sociedade e a economía. Entre as razoñs que fan da intelixencia artificial unha tecnoloxía revolucionaria, cabe destacar a súa contribución a unha mellor toma de decisións por parte das persoas, en tanto que é capaz de analizar grandes conxuntos de datos e extraer información valiosa deles de forma áxil. A intelixencia artificial tamén permite a automatización de procesos en diversos ámbitos.