A Xunta destaca a importancia de que se cumpran os prazos para a dotación de internet de altas prestacións ao rural galego
A Xunta destaca a importancia de que se cumpran os prazos para a dotación de internet de altas prestacións ao rural galego
O logro do obxectivo establecido pola UE de que o 100 % da poboación dispoña de acceso a internet de, ao menos, 100 Mbps en 2025, é esencial para que a Xunta poida desenvolver a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030). O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, destacou hoxe, en Fisterra, a importancia de que o Estado, no marco do programa ÚNICO, cumpra ese prazo, sobre todo, nos ámbitos rurais.
