Lei IA
Galicia ten sido pioneira na regulación dos novos modelos de actuación e de emprego das tecnoloxías no sector público.
Con este proxecto de lei, a nosa Comunidade busca manterse na vangarda da regulación das tecnoloxías disruptivas, normando a intelixencia artificial (en adiante, IA), tendo en conta o marco europeo que se está a configurar mediante a elaboración da Lei de Intelixencia Artificial, e aliñándose, así mesmo, coa Estratexia España Dixital 2026.