A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia é premiada pola participación no proxecto de Integración HSUE-TEDeC para a interoperabilidade coa Historia Social Única
Vimos de recibir o premio Premios SOCINFO Digital 2024: SERVICIOS SOCIALES TIC na categoría de Interoperabilidade Eficiente dos Servizos Sociais xunto coa Deputación da Coruña, pola actuación levada a cabo de forma conxunta entre ambas Administracións consistente na Integración entre o sistema de información de Historia Social Única Electrónica (HSUE) e o sistema de tramitación electrónica que a Deputación pon a disposición dos concellos da provincia (TEDeC).
Ante a complexidade do ecosistema que conforman os Servizos Sociais, debido aos diferentes actores que participan no mesmo, así como ás diferentes Administracións implicadas na prestación de servizos, era patente a necesidade de definir unha estratexia de optimización e simplificación. Por iso se levou a cabo o proxecto de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, para lograr a interoperabilidade real e efectiva no ámbito de traballo dos Servizos Sociais, non só desde o punto de vista técnico, senón tamén desde o punto de vista semántico, organizativo etc. Un proxecto amplo que pon o foco na mellora da resposta a colectivos vulnerables, pero que ten amplísimas repercusións a todos os niveis.
Grazas á integración tecnolóxica entre as plataformas #HSUe, da Xunta de Galicia e #TEDeC, da Deputación da Coruña, agora desenvólvense novos fluxos de traballo simplificados e eficientes dos Servizos Sociais das Entidades Locais, tendo en conta a integración anterior e outras xa existentes. Esta transformación implementouse en todas as Entidades Locais da provincia da Coruña usuarias do sistema de tramitación electrónica TDEC que a Diputación pon á disposición dos concellos da provincia.
Coa integración realizada con TeDEC, o sistema HSUE, empregado en todos os departamentos de Servicios sociais básicos de Galicia, identifica de forma automática que a persoa tramitadora é tamén usuaria de TeDEC, e ao asinar o informe, ademais de notificarllo ao sistema tramitador da prestación que corresponda, notifícallo tamén ao sistema TeDEC para que poida pasar a formar parte da ficha municipal.
Esta integración culmina un proceso tecnolóxico de deseño de fluxos, procedementos e integracións enmarcado no proxecto CONCELLO DIXITAL da Deputación de Coruña, que permiten dispoñer de toda a información e documentación da persoa usuaria sen solicitarlla ao titular (consulta de datos de: identidade, defunción, discapacidade, débedas coa administración... entre outras), cumprindo así o establecido no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Grazas a esta integración en plataformas e os procesos de transformación asociados lógrase a
transmisión de datos e documentos entre organismos sen que a cidadanía teña que achegar fotocopias. O persoal da Administración Local, na súa ferramenta de tramitación electrónica, consulta de automaticamente os datos e documentos que necesitan, mellorando así a eficacia, a eficiencia e a seguridade, reducindo erros e cargas administrativas.
As melloras comezan na calidade do servizo (rapidez, calidade, accesibilidade...), e dedícase o tempo á cidadanía, como elemento central sobre o que pivotan todos os demais avances e vantaxes. Para a Administración, temas como a ecorresponsabilidade, a optimización da produtividade, baixada de costes, axilidade… non deixan dúbidas do éxito do proxecto.
A Axencia participou no certame con outros dous proxectos, na categoría Interoperabilidade eficiente dos servizos sociais: "